Aberta a inscrición para renovar o CAP do permiso C en Curtis

O Concello de Curtis abre a inscrición para un novo curso de renovación do Certificado de Aptitude Profesional (CAP) dirixido a persoas con permiso C. A formación estará subvencionada, agás as taxas correspondentes da DXT, e impartirase na chaira do polígono industrial de Teixeiro.
A actividade desenvolverase en dúas fins de semana. A primeira terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño de 2026. A sesión do venres 19 será de 15.30 a 21.30 horas, mentres que o sábado 20 e o domingo 21 o horario será de 8.00 a 14.30 horas.
A segunda quenda celebrarase os días 26, 27 e 28 de xuño de 2026. Neste caso, a clase do venres 26 será tamén de 15.30 a 21.30 horas, e as xornadas do sábado 27 e domingo 28 desenvolveranse de 8.00 a 14.30 horas.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do Servizo de Orientación Laboral, no teléfono 981789003, extensión 2037, ou no correo electrónico susana.nieto@curtis.gal.