Brúxulas e natureza para aprender a orientarse no CEIP de Curtis

ACoruñaXa
O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou na actividade 'Buscando o Norte', integrada no programa educativo Educando na Biosfera
CURTIS orientacion biosfera
14 May 2026

O alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Curtis participou nunha nova proposta do programa Educando na Biosfera, impulsado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. A actividade, titulada 'Buscando o Norte', combinou formación práctica e contacto coa contorna natural do centro.

A xornada incluíu un obradoiro e unha carreira de orientación nas inmediacións do colexio. Durante a sesión, os nenos e nenas aprenderon a empregar brúxulas e a identificar referencias naturais que poden servir como pistas para situarse no espazo.

A iniciativa permitiu traballar habilidades como a observación, a orientación e a cooperación entre compañeiros, ao tempo que promoveu unha maneira activa e participativa de descubrir a natureza máis próxima.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas abrangue 17 municipios da provincia da Coruña e conta cunha superficie terrestre de 113.970 hectáreas, ademais de 2.755 hectáreas mariñas. O seu traballo inclúe liñas vinculadas á educación, o medio ambiente e a sustentabilidade.

0.12692403793335