Abre o prazo para solicitar os servizos de Madrugadores e Ludoteca no curso 2026-2027

ACoruñaXa
As familias de Curtis poderán presentar a inscrición durante dez días hábiles no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica
CONCELLO CURTIS
20 May 2026

O Concello de Curtis abriu o prazo de solicitude para os servizos de Madrugadores e Ludoteca de cara ao curso 2026-2027, dúas prestacións dirixidas a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria, para presentar a documentación correspondente. As solicitudes poderán tramitarse tanto no Rexistro Xeral do Concello como a través da sede electrónica municipal.

Os servizos ofreceranse nos centros de Curtis e Teixeiro, con diferentes modalidades adaptadas ás necesidades das familias. No caso de Madrugadores, haberá opción fixa ou esporádica, así como servizo con ou sen almorzo. A Ludoteca tamén poderá solicitarse en modalidade fixa ou esporádica.

A documentación presentada servirá para aplicar o baremo e o sistema de puntuación das solicitudes, tendo en conta as circunstancias familiares e laborais de cada unidade familiar. Entre os documentos que se poderán requirir figuran o certificado laboral, o libro de familia, a acreditación de familia numerosa ou monoparental, a documentación relativa á custodia compartida ou garda, o certificado bancario e, se procede, un informe médico por alerxias ou intolerancias.

O Concello lembra que as listaxes provisionais e definitivas das persoas admitidas publicaranse no taboleiro de anuncios municipal.

0.12255811691284