AcorunaXA
O barro volve ser protagonista en Santa Cruz coa XXXII edición de Alfaroleiros
A feira reunirá do 5 ao 9 de agosto a 23 artesáns de España e Portugal e ofrecerá concertos, obradoiros e actividades para todos os públicos
Xa é posible inscribirse na XXXIII Carreira Popular de Cambre, que volverá reunir a centos de corredores en agosto
A proba celebrarase o 15 de agosto, será gratuíta en todas as categorías e formará parte do XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña
O Pazo de Meirás queda inscrito definitivamente como patrimonio público e Sada pide abrir unha nova etapa
O Concello reclama ao Estado activar a cooperación entre administracións para garantir a apertura estable do inmoble e convertelo nun referente da memoria democrática
Os 'Caneiros en familia' colgan o cartel de completo antes da celebración deste sábado
O Concello de Betanzos esgota todas as prazas para participar na romaría fluvial previa ás festas de San Roque
O novo centro de saúde e a futura depuradora de Carral avanzan cun investimento de 800.000 euros
O Goberno local levará ao pleno unha modificación de crédito para adquirir terreos, mellorar instalacións deportivas e redactar proxectos estratéxicos para o municipio
GaliciaXa
Agromuralla mostra a sús disconformidade cos prezos do leite en orixe, que se negocian estes días
Noelia Rodríguez afirma que, de manterse os prezos á baixa, o volume de produción seguirá en descenso, ocasionando escaseza de produción
Unha nova oportunidade laboral chegará a Arteixo con 20 prazas de formación remunerada en construción
O programa experiencial 'RenÓbrate' combinará nove meses de aprendizaxe e traballo en espazos públicos municipais co obxectivo de mellorar a inserción laboral
Ardemil quenta motores para unha Festa da Malla que volverá reunir a maior feira de antigüidades de Galicia
A cita celebrarase os días 7 e 8 de agosto con recreacións etnográficas, exposicións de vehículos clásicos, gastronomía e actividades para toda a familia
A música rock irrompe nas festas de Coirós co estreo do Meigas Fora Fest
A primeira edición do festival reunirá seis bandas o 1 de agosto dentro dun programa que tamén inclúe churrascada, verbenas e actos relixiosos
Curtis celebrará o Día da Bici cun percorrido entre Teixeiro, Curtis e San Roque de Xabriño
A cita terá lugar o 8 de agosto e as inscricións permanecerán abertas ata o día 4, con avituallamento, trofeos e o sorteo dunha bicicleta de montaña
O PSOE de Arteixo pide o apoio do pleno aos traballadores de Ferroglobe afectados polo ERTE de 17 meses
Os socialistas reclamarán un plan de viabilidade para a planta de Sabón e máis presión ante a UE fronte á competencia do silicio chinés
Aspadisol abre as súas portas en Oleiros para reivindicar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual
A Deputación da Coruña participou na xornada 'Facendo comunidade' e puxo en valor o labor das entidades sociais da provincia
Abegondo sufrirá cortes de tráfico este mércores pola gravación dunha serie de televisión
As restricións afectarán á Ponte das Margaridas, á estrada entre Seixurra e Cecebre e á AC-221, con desvíos alternativos habilitados
O pleno de Carral decidirá se debate dúas mocións do PSdeG sobre FP e un bono deporte
Os socialistas denuncian que o goberno local deixou as iniciativas fóra da orde do día e que a súa tramitación dependerá de que prospere a declaración de urxencia
Arteixo abre o prazo para reservar mesas e cadeiras no Festival Folk de Sisalde
As reservas poderán realizarse ata o 7 de agosto para gozar da xornada do 5 de setembro na Fraga de Sisalde, que combinará música, gastronomía e ambiente de romaría
José Manuel Manso deixa a súa acta como concelleiro do PP de Betanzos por motivos persoais
Ana Belén Gómez Viqueira incorporarse á Corporación municipal para completar o mandato ata as eleccións de 2027
A CRMH pide á Xunta que obrigue o Estado a abrir o interior do Pazo de Meirás ás visitas públicas
A asociación denuncia que o acceso ás estancias históricas segue restrinxido pese a que o inmoble é de titularidade pública tras a sentenza do Tribunal Supremo
Santa Cruz volverá ser a capital da olería con cinco días de barro, música e artesanía en Alfaroleiros
A XXXII edición reunirá do 5 ao 9 de agosto máis de vinte oleiros de España e Portugal nunha cita que combinará tradición, creación en directo e actividades gratuítas para todos os públicos
Cinco bandas locais subirán ao escenario do Rock in Cambre tras a primeira Batalla de Bandas
O Concello abre o prazo de inscrición para un novo certame que dará a grupos da contorna a oportunidade de actuar xunto a Medina Azahara, Boikot, Biznaga, Carlangas e Me Fritos and the Gimme Cheetos
GaliciaXa
Un terremoto de magnitude 3,1 rexístrase no Atlántico fronte á costa da Coruña sen causar incidencias
O sismo produciuse a uns 200 quilómetros do litoral coruñés e a 36 quilómetros de profundidade
As familias de Carral xa poden solicitar unha praza no servizo municipal de Madrugadores
O prazo permanecerá aberto ata o 7 de agosto para o programa de conciliación dirixido ao alumnado do CEIPP Vicente Otero Valcárcel
Unha excursión ao Aquapark de Cerceda ofrecerá unha xornada de lecer aos menores de Coirós o 6 de agosto
O Concello abre as inscricións para unha saída dirixida a participantes a partir de 8 anos, con 50 prazas e prezos reducidos para persoas empadroadas
Un concurso con 900 euros en premios busca as mellores imaxes do patrimonio e da paisaxe de Paderne
O Concello convoca a primeira edición de 'Paderne: unha ollada ao paraíso', aberta ata o 15 de setembro para participantes maiores de 16 anos
Un investimento de 1,7 millóns de euros transformará o Campo Municipal do Redondo con novas bancadas e vestiarios
O Concello de Oleiros executará despois do verán unha actuación para modernizar as instalacións que utilizan o Atlético Perillo e o Unión Campestre




