Curtis celebrará o Día da Bici cun percorrido entre Teixeiro, Curtis e San Roque de Xabriño

ACoruñaXa
A cita terá lugar o 8 de agosto e as inscricións permanecerán abertas ata o día 4, con avituallamento, trofeos e o sorteo dunha bicicleta de montaña
A CORUÑA bicicleta
29 Jul 2026

O Concello de Curtis volverá promover unha xornada para fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables coa celebración do Día da Bici, unha actividade aberta á participación da veciñanza que terá lugar o sábado 8 de agosto.

A marcha arrancará ás 10.00 horas desde dous puntos diferentes para facilitar a participación. Os ciclistas poderán iniciar o percorrido na Praza do Concello de Teixeiro ou no pavillón municipal de Curtis. Desde ambos lugares, a ruta concluirá en San Roque de Xabriño, onde a chegada está prevista arredor das 10.30 horas.

Ao remate do percorrido, as persoas participantes poderán desfrutar dun avituallamento e tomar parte no sorteo dunha bicicleta de montaña. Ademais, a organización entregará trofeos ao participante máis novo, ao máis veterano, á bicicleta máis orixinal e ao grupo ciclista máis numeroso.

As inscricións poden realizarse ata o 4 de agosto ás 14.00 horas nas dependencias municipais ou a través dos teléfonos 981 789 003 e 981 777 105.

Desde o Concello lembran que o uso do casco será obrigatorio durante toda a actividade e animan á cidadanía a sumarse a esta iniciativa, que combina deporte, natureza e convivencia nun ambiente familiar.

0.13096594810486