A música e a tradición galega volverán protagonizar o Encontro Folclórico de Ordes este sábado

ACoruñaXa
A Alameda acollerá desde as 20.00 horas unha cita con catro agrupacións que reivindicarán o folclore e a cultura popular
ORDES encontro folclorico
28 Jul 2026

A Alameda de Ordes converterase este sábado, 1 de agosto, nun punto de encontro para a música tradicional galega coa celebración dunha nova edición do Encontro Folclórico, unha cita promovida polo Concello que reunirá a catro formacións para ofrecer unha tarde de folclore aberta ao público.

O evento comezará ás 20.00 horas e contará coa participación da A.C. Veciños de Leira (Gaiteiros), da A.C. Pandereteiras de Ardevento, da A.C. Camiño Real de Poulo e da Agrupación Folclórica Cultural Sementes do Arte.

O Encontro Folclórico é xa unha das citas habituais da programación estival do municipio e ten como obxectivo promover e preservar a música, o baile e as tradicións populares galegas, ademais de favorecer o encontro entre agrupacións culturais e veciñanza.

A entrada será libre, polo que o Concello anima á cidadanía a achegarse á Alameda para gozar dunha xornada dedicada á cultura tradicional galega.

0.13003897666931