Novas de Bergondo
Máis de 84.000 euros para preparar Gandarío e a Praia Grande de Miño de cara ao verán
Costas actuará nos accesos, na redistribución de area e na protección fronte á erosión nos dous areais
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
Galicia estrea as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño para descubrir o territorio a través da cultura vitivinícola
As xornadas celebraranse o 16 de xuño no Pazo de Goiáns, en Boiro; o 22 de xuño no Pazo de Trasalba, en Amoeiro; o 29 de xuño no Pazo de Mariñán, en Bergondo; o 3 de xullo no Mosteiro de Poio; e o 13 de xullo na Casa do Cazador, en Negueira de Muñiz
O Encontro de Maiores de Bergondo reúne a 448 persoas
Os asistentes de maior idade foron Francisca Lamas Mallo (102 anos), Simona Montes Torres (94 anos) e Adolfo Formoso Chouza (93 anos)
Unha ruta polo patrimonio galego conmemora os 900 anos do Mosteiro de San Salvador
A saída sociocultural organizada polo Concello de Bergondo inclúe visitas a Sobrado, Narla, Melide, Pambre e Arzúa o sábado 4 de xullo
Unha andaina saudable percorrerá o Roteiro do Rego Callou a favor dos doantes de órganos
A Asociación Elas convoca este venres 5 de xuño unha saída de 5 quilómetros desde a ponte de Miodelo, aberta a todas as idades
Unha proposta do BNG busca impulsar unha comunidade enerxética local en Bergondo
A formación levará ao pleno unha iniciativa para crear unha oficina de transformación comunitaria que asesore á veciñanza e facilite proxectos de autoconsumo compartido
O Club Ausarta Bergondo coróase campión galego escolar de conxuntos
O equipo cadete escolar logrou o ouro no campionato celebrado en Pontevedra e conseguiu o ascenso ao nivel Promoción
Máis dun millón de euros para melloras nas parroquias e no polígono de Bergondo
O pleno de Bergondo votará este xoves unha modificación de crédito destinada a saneamento, vías, alumeado público, camiños rurais e á recuperación do bosque do Pazo de Baldomir
Memoria, talento feminino e foliada aberta danse cita no #BeFest2026
A Senra acollerá este venres, 29 de maio, unha festa comunitaria con premios, música, teatro, poesía e degustación de produtos locais
A odisea diaria para chegar á FP reabre o debate dos buses na comarca
Silvia Longueira reclama conexións directas desde Oleiros, Sada e Bergondo para evitar que o alumnado dependa do coche familiar ou de varios transbordos
Máis de mil prazas para un verán con campamentos, deporte e saídas en Bergondo
A preinscrición nas actividades estivais abrirá o luns 18 de maio e permanecerá dispoñible ata o xoves 21
A Garda Civil celebra en Mariñán o seu 182 aniversario cun recoñecemento ao seu labor en Galicia
Pedro Blanco destacou en Bergondo o papel da Benemérita na seguridade da comunidade, mentres a Xunta puxo en valor a súa presenza no rural e a colaboración entre administracións
Últimos días para participar no Encontro dos Maiores de Bergondo
As persoas maiores de 60 anos teñen ata o 15 de maio para inscribirse na xornada de convivencia que se celebrará o 7 de xuño no Pavillón deportivo da Senra
Aberto o prazo para optar ao VII Premio de Poesía Filomena Dato en Bergondo
O certame repartirá 2.500 euros e a obra gañadora será publicada por Apiario na colección poética dedicada á autora
Máis de 1,18 millóns en gastos municipais abren unha nova crise política en Bergondo
O PP acusa ao goberno local de abusar dos contratos menores, mentres o informe de Intervención pide mellorar a planificación e a contratación pública
Nova presión no Parlamento para resolver os recheos de Armuño
O BNG reclama á Xunta que aclare o estado do expediente aberto pola APLU e os prazos para repoñer a legalidade urbanística nunha parcela de Lubre, en Bergondo
Luz verde definitiva para transformar o núcleo de San Cidre en Bergondo
A aprobación da Xunta permitirá avanzar nunha nova urbanización con vivenda, zonas verdes, espazo comercial, aparcamento e melloras viarias
As obras na DP-0105 reordenan o tráfico en Cortiñán para gañar seguridade peonil
A Deputación inviste case 214.000 euros na mellora dos primeiros 260 metros da estrada provincial entre Cortiñán e Vilacoba, en Bergondo
O BNG pide soterrar as liñas eléctricas da contorna do Mosteiro de Bergondo
Mercedes Queixas leva ao Parlamento unha nova iniciativa coincidindo co 900 aniversario da primeira referencia documental do conxunto
As obras contra as inundacións chegan a A Brea, en Guísamo
O Concello de Bergondo inviste 22.381,78 euros na mellora da rede de pluviais para evitar acumulacións de auga que afectan a varias vivendas
Unha charla en Bergondo porá o foco no valor da doazón de órganos
A actividade 'Doar órganos é salvar vidas' celebrarase este martes ás 19.00 horas no Centro Sociocultural A Senra, coa participación de ALCER Coruña
Dúas xornadas formativas impulsarán novas políticas culturais locais na provincia de A Coruña
A Deputación da Coruña organiza sesións no Pazo de Mariñán, en Bergondo, e en Compostela ao abeiro do recentemente editado 'Manual para políticas culturais locais'
O deporte bergondés presume de canteira e participación na súa terceira gran xornada
O albergue e a praia de Gandarío acolleron exhibicións, probas abertas e actividades para todas as idades no III Día do Deporte




