Novas de Bergondo
As obras para mellorar o firme das estradas da comarca xa están en marcha con 3,5 millóns de euros
A actuación da Xunta afecta vías de Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Oza Cesuras e Ordes, dentro dun programa que permitirá renovar 65 quilómetros na provincia
Unha excursión desde Bergondo permitirá visitar os mosteiros de Oseira e San Pedro de Rocas
A saída será o 3 de outubro, incluirá tamén unha parada en O Carballiño e terá un prezo de 20 euros
O BNG reclama máis implicación das administracións para protexer o Mosteiro de Bergondo
Os nacionalistas apoian o soterramento das liñas de alta tensión e anuncian o seu respaldo á concentración convocada para a próxima semana
Bergondo levará á rúa a súa protesta contra a torre de alta tensión xunto ao mosteiro de San Salvador
A concentración será o 9 de setembro ás 19.00 horas baixo o lema ‘Esperpento fóra do convento!’ e reclama a Naturgy o soterramento da liña
A II Mostra de Teatro no Mosteiro levará tres espectáculos ao claustro de San Salvador de Bergondo
A programación desenvolverase do 3 ao 5 de setembro con propostas para público familiar e adulto e entrada libre ata completar aforo
Bergondo anima a doar sangue este luns ante o chegada da unidade móbil
A campaña 'Este verán doa sangue' fará parada o 24 de agosto diante do Concello, onde será posible doar entre as 16.00 e as 21.00 horas
Un rally sostible percorrerá 35 concellos galegos e chegará ata a 'fin do mundo' en Fisterra
O 10º Repsol EcoRallye A Coruña cubrirá case 587 quilómetros entre as provincias da Coruña e Lugo, con 14 tramos de regularidade e paradas en Vimianzo, Fisterra, Coristanco e As Pontes
Treixadura levará o seu novo disco 'Portalén' ao XXV Guísamo Folk este sábado
A formación de Redondela abrirá a xornada ás 13.00 horas cun concerto no Campo da Feira de Guísamo
As reservas de mesas para o XXV Guísamo Folk abrirán este venres
A organización fixa as condicións para conseguir sitio no Campo da Feira e habilitará outras 19 mesas o sábado pola mañá
O talento local toma o escenario do XXV Guísamo Folk coa Agrupación de Música Tradicional de Bergondo e Pedro Lamas
A formación actuará este sábado 22 de agosto no Campo da Feira de Guísamo, onde presentará un repertorio tradicional recollido nas Mariñas
The Rapants poñerá o broche de madrugada aos 25 anos do Guísamo Folk
A banda de Muros incorporouse ao cartel do festival e actuará ás 01.45 horas do domingo 23 de agosto no Campo da Feira de Guísamo
O Consorcio As Mariñas impulsa un novo contrato para mellorar a recollida do lixo nos oito concellos
O pleno aproba por unanimidade os pregos dun servizo valorado en máis de 16 millóns de euros anuais, que reforzará a reciclaxe e a xestión dos puntos limpos
Un libro recolle nove séculos de historia do Mosteiro de San Salvador e reivindica o seu valor patrimonial
'Memoria en pedra', presentado en Bergondo coincidindo coa festividade de San Salvador, é un dos actos centrais da programación do 900 aniversario do cenobio
O BNG propón axudas para as vivendas de Bergondo que aínda carecen de saneamento
A formación nacionalista plantea bonificar o baleirado das fosas sépticas mentres non se complete a rede municipal e reclama que a medida se leve á práctica tras ser aprobada no pleno
O campamento 'Aventura nas Mariñas' achega á cativada de Bergondo as profesións vinculadas ao mar
O programa 'Movemento Azul' da Xunta reuniu un cento de nenos e nenas nunha xornada para descubrir os oficios marítimo-pesqueiros e a importancia da economía azul
A Coruña, Oleiros e Arteixo inician a folla de ruta da futura Área Metropolitana entre críticas pola exclusión doutros concellos
Os tres municipios crean unha mesa de traballo para impulsar proxectos comúns, mentres Culleredo e o Consorcio As Mariñas reclaman un proceso máis amplo e integrador
Un novo catamarán eléctrico impulsa os adestramentos e o compromiso ambiental do Club de Remo Olímpico do Mandeo
A embarcación, financiada a través das axudas do GALP Golfo Ártabro Sur, permitirá seguir as sesións de remo e colaborar con outras entidades da contorna sen impacto acústico nin emisións
Eventos
Bergondo destinará 55.000 euros para reparar de urxencia os afundimentos do cemiterio de Cortiñán
O Concello financiará xunto coa Igrexa un proxecto de 110.000 euros para estabilizar o terreo e eliminar as filtracións de auga que ameazan os panteóns
Sada e Bergondo reclamarán á Xunta a súa incorporación á futura área conxunta de taxis da Coruña
Ambos os concellos consideran inxustificada a súa exclusión da proposta inicial e defenden que forman parte da realidade metropolitana da área coruñesa
Cortiñán estrea unha nova ordenación do tráfico tras a reforma da estrada provincial DP-0105
A Deputación da Coruña investiu preto de 214.000 euros nunha actuación que ampliou as beirarrúas, renovou o firme e mellorou a seguridade para peóns e condutores
Bergondo executa 11 obras por máis de 2,2 millóns de euros para mellorar infraestruturas e servizos en todo o municipio
O plan inclúe actuacións en viarios, beirarrúas, centros sociais, saneamento e espazos públicos, con proxectos repartidos polas diferentes parroquias
Unha viaxe teatralizada no tempo para conmemorar o noveno centenario de San Salvador de Bergondo
O monumento de orixe medieval abre as súas portas cunha singular combinación de divulgación histórica e artes escénicas de balde para o público
Xogos, música e diversión interxeracional na segunda Festa da Familia de Bergondo
O campo polideportivo de Lubre converterase este sábado 18 de xullo no escenario dunha xornada de convivencia con obradoiros, teatro e unha gran festa da escuma
Dous camiños de Bergondo serán renovados cunha axuda autonómica de máis de 41.000 euros
As obras de pavimentación e drenaxe centraranse nas parroquias de Vixoi e Santa Marta co obxectivo de emendar o deterioro actual das vías









