Novas de Bergondo
A nova vaga de peches do Santander golpea Santa Cruz, Pocomaco e Bergondo
A entidade prevé clausurar o 10 de abril estas tres oficinas da área coruñesa dentro dun novo axuste en Galicia, unha decisión que volve poñer o foco na perda de servizos financeiros de proximidade para veciñanza e tecido empresarial
Cinco medallas confirman o gran momento do Ausarta Bergondo no arranque provincial
O club regresou de Carballo cun balance de tres ouros, dúas pratas e varios postos destacados na I Fase Provincial Escolar, Promoción e Prebase de ximnasia rítmica
San Salvador abre este sábado en Bergondo os actos do seu 900 aniversario
O mosteiro acollerá desde as 12.00 horas a apertura oficial da programación con presenza institucional, concerto de piano, visita guiada e unha posta en escena que o Concello tamén está difundindo con imaxes das igrexas do municipio co cartel dos 900 anos
Rutas, obradoiros e foto-relatos na nova edición de 'Bergondo en feminino'
A nova edición arrincará o 27 de marzo cunha programación gratuíta que inclúe rutas, obradoiros creativos, un certame de foto-relatos e unha xornada final aberta á participación da veciñanza
O BNG leva ás institucións a demanda de restaurar e abrir ao público o castelo de Corbeiroa
A formación recolle as reivindicacións veciñais e reclama actuacións para recuperar este BIC situado entre Sada e Bergondo, ademais de garantir un réxime regular de visitas
A literatura e a imaxe volven unirse para reivindicar o papel das mulleres en Bergondo
O Concello abre a segunda edición do certame de foto-relatos 'Bergondo en feminino', con dúas categorías, seis premios e prazo de presentación ata o 7 de maio ás 14.00 horas
As Mariñas abre a renovación do seu comité de ética para reforzar a intervención social
O Consorcio activa a convocatoria para incorporar novas vogalías ao CEIS, un órgano que asesora sobre os dilemas éticos nos servizos sociais e busca mellorar a atención á veciñanza
O Olímpico do Mandeo arrinca a Liga Galega de Remo Olímpico con catro podios e un dobrete infantil
O club de O Pedrido, en Bergondo, abriu a competición en Castrelo de Miño cun ouro e unha prata en skiff infantil feminino e coa vitoria de Marcos en cadete masculino
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
A Senra acolle este sábado a representación de 'Encrobas', unha ollada teatral á loita labrega dos anos 70
A obra da Asociación Cultural Teatral Catro Gatos poderá verse o 7 de marzo ás 19.00 horas en Bergondo e achegará ao público o testemuño da resistencia veciñal fronte ás expropiacións impulsadas por FENOSA e o franquismo
A innovación nas aulas leva un equipo docente galego de Bergondo ao podio estatal
Fina Paulos Lareo, veciña de Bergondo, foi recoñecida polo Ministerio de Educación nun galardón estatal por un proxecto que combina Intelixencia Artificial, realidade aumentada e aprendizaxe colaborativa
O cruceiro de Obra do Paño recupera a súa imaxe tras a restauración logo dun sinistro viario
A intervención, executada por unha empresa especializada e con seguimento arqueolóxico, incluíu tamén a retirada dunha antiga cimentación dun poste de formigón que permanecía incrustada na base
A Deputación activa a concesión provisional de 770.000 euros para soster o persoal técnico de cultura nos concellos
O programa FO206/2026 reparte axudas entre un máximo de 63 entidades locais e abre un prazo de dez días hábiles para alegacións tras a súa publicación no BOP
As Mariñas despiden o Entroido esta fin de semana con música, disfraces e moita orella
Cambre e Bergondo viviron este sábado as súas citas grandes, mentres Oleiros, Arteixo, Culleredo e Paderne completan o peche do carnaval con propostas na rúa e nos centros sociais
O PP propón recorrer a fondos europeos para un plan contra as inundacións na ría de Betanzos
A iniciativa aposta pola restauración natural de ribeiras e un drenaxe sostible na bacía Mandeo-Mendo e afectaría a Sada, Miño, Bergondo, Paderne e Betanzos cun investimento estimado de dous millóns de euros
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
Arrincan en Bergondo as obras de reforma e ampliación do Centro Sociocultural de Mariñán
A actuación, financiada con fondos municipais, busca mellorar a accesibilidade e o confort do edificio e engade un novo espazo de almacén para cazadores
Abren as inscricións en Bergondo para once cursos gratuítos orientados á inserción laboral
A oferta formativa desenvolverase ao longo de 2026 e inclúe desde manipulador/a de alimentos e monitor/a de tempo libre até formación en intelixencia artificial, loxística e prevención de riscos
Temporal no litoral coruñés: alerta laranxa no mar polo paso da borrasca ‘Pedro’ antes dunha tregua máis estable
Este mércores 18 agárdanse chuvias e refachos fortes, con ondada perigosa na costa e desde o venres 20 o anticiclón deixará varios días máis secos




