Novas de Bergondo
A vía cara ao xuízo mantense aberta para a concelleira de Bergondo Pilar Barja pola súa etapa ao fronte das contas dunha ANPA
A Audiencia Provincial desestima o recurso da edil e mantén o procedemento polos presuntos movementos irregulares de fondos da asociación de nais e pais
Bergondo anima a doar sangue este luns ante o chegada da unidade móbil
A campaña 'Este verán doa sangue' fará parada o 24 de agosto diante do Concello, onde será posible doar entre as 16.00 e as 21.00 horas
O XXV Guísamo Folk converterá este sábado o Campo da Feira nun gran escenario da música galega
O festival celebrará as súas vodas de prata co seu cartel máis amplo, seis actuacións e unha xornada que combinará música, gastronomía, xogos e tradición
Treixadura levará o seu novo disco 'Portalén' ao XXV Guísamo Folk este sábado
A formación de Redondela abrirá a xornada ás 13.00 horas cun concerto no Campo da Feira de Guísamo
A prealerta por escaseza de auga chega ao entorno do Mandeo e a ría de Betanzos
A Xunta activa o aviso preventivo ante o descenso dos recursos hídricos e pide extremar o aforro durante o verán
Unha obra de 128.000 euros levará o saneamento a Covas e axudará a combatir as inundacións de Miodelo
Os traballos permitirán tamén renovar a rede de abastecemento e desviar parte das augas pluviais que baixan cara á zona baixa durante os episodios de chuvia
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
O Consorcio As Mariñas impulsa un novo contrato para mellorar a recollida do lixo nos oito concellos
O pleno aproba por unanimidade os pregos dun servizo valorado en máis de 16 millóns de euros anuais, que reforzará a reciclaxe e a xestión dos puntos limpos
O BNG propón axudas para as vivendas de Bergondo que aínda carecen de saneamento
A formación nacionalista plantea bonificar o baleirado das fosas sépticas mentres non se complete a rede municipal e reclama que a medida se leve á práctica tras ser aprobada no pleno
O alumnado de Bergondo poderá optar a axudas de ata 600 euros para os desprazamentos
O Concello destina 15.000 euros a unhas subvencións dirixidas a estudantes de distintos niveis educativos, con solicitudes abertas ata o 9 de outubro
A Coruña, Oleiros e Arteixo inician a folla de ruta da futura Área Metropolitana entre críticas pola exclusión doutros concellos
Os tres municipios crean unha mesa de traballo para impulsar proxectos comúns, mentres Culleredo e o Consorcio As Mariñas reclaman un proceso máis amplo e integrador
Sada e Bergondo reclamarán á Xunta a súa incorporación á futura área conxunta de taxis da Coruña
Ambos os concellos consideran inxustificada a súa exclusión da proposta inicial e defenden que forman parte da realidade metropolitana da área coruñesa
O Mosteiro de San Salvador revive o seu pasado medieval cunha cea para conmemorar os 900 anos do seu primeiro documento conservado
A celebración reuniu 120 comensais no claustro do convento e incluíu unha representación teatral, música en directo, obradoiros e xogos populares
Cortiñán estrea unha nova ordenación do tráfico tras a reforma da estrada provincial DP-0105
A Deputación da Coruña investiu preto de 214.000 euros nunha actuación que ampliou as beirarrúas, renovou o firme e mellorou a seguridade para peóns e condutores
Bergondo executa 11 obras por máis de 2,2 millóns de euros para mellorar infraestruturas e servizos en todo o municipio
O plan inclúe actuacións en viarios, beirarrúas, centros sociais, saneamento e espazos públicos, con proxectos repartidos polas diferentes parroquias
Máis de medio milleiro de persoas desfrutan da II Festa da Familia en Bergondo
O Concello celebrou este sábado unha xornada de convivencia nas pistas polideportivas de Lubre que incluíu unha comida popular, teatro e actuacións musicais
Xogos, música e diversión interxeracional na segunda Festa da Familia de Bergondo
O campo polideportivo de Lubre converterase este sábado 18 de xullo no escenario dunha xornada de convivencia con obradoiros, teatro e unha gran festa da escuma
Unha viaxe teatralizada no tempo para conmemorar o noveno centenario de San Salvador de Bergondo
O monumento de orixe medieval abre as súas portas cunha singular combinación de divulgación histórica e artes escénicas de balde para o público
Unha rúa residencial con plataforma única mellorará a seguridade viaria na contorna da escola infantil de Guísamo
O Concello de Bergondo saca a concurso o proxecto de mobilidade peonil por un importe que supera os 315.000 euros
Unha nova ofensiva do BNG esixe a Madrid corrixir os graves perigos e danos da N-VI en Guísamo
O deputado Néstor Rego e o voceiro David Carro denuncian o impacto da mediana de formigón, a falta de aparcadoiro e a inseguridade viaria xunto á escola infantil de Bergondo
Unha gran xornada de xogos e música unirá aos veciños na Festa da Familia de Bergondo
O polideportivo de Lubre acollerá o vindeiro 18 de xullo esta xornada de convivencia gratuíta que abre mañá o seu prazo de inscrición
Bronce nacional para Noa Álvarez e Carolina Cagiao no Campionato de España co Olímpico do Mandeo
As remeiras do club subiron ao podio no dobre scull infantil feminino, mentres Alexander Pan rematou 12º no skiff infantil masculino
A prata de Noa e Carolina impulsa ao Olímpico do Mandeo cara ao Campionato de España
O club de Bergondo competiu no Galego de Remo Olímpico con dúas tripulacións e prepara xa a súa próxima cita en Sevilla
Outeiro contará cunha nova rede de saneamento e pluviais en Ouces
As obras, cun investimento de 168.637 euros, están cofinanciadas polo Concello e polo Plan Único da Deputación da Coruña



