As coidadoras contarán en Guísamo cun programa para mellorar o seu benestar emocional

As mulleres que son ou foron coidadoras dunha persoa en situación de dependencia poderán participar en Bergondo nun ciclo de obradoiros orientado a mellorar a súa calidade de vida e a reforzar o seu benestar persoal.
A iniciativa desenvolverase coa colaboración da Fundación Mujeres e co financiamento da Deputación da Coruña. As sesións estarán centradas en cuestións como a saúde, o autocoidado, a xestión emocional e a xestión da culpa, entre outros aspectos vinculados ao día a día das persoas que asumen tarefas de coidado.
Os obradoiros celebraranse os mércores 20 e 27 de maio; 3, 10 e 17 de xuño; e 1, 8 e 15 de xullo, en horario de 10.30 a 12.30 horas. Terán lugar no Centro Social de Guísamo María Miramontes Matos.
A actividade forma parte do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no Medio Rural e será gratuíta para as participantes. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo ou a través do teléfono 981 791 252.