Novas de Miño
O Concello de Miño disporá de máis de dous millóns de euros para investimentos tras pechar o ano con superávit
A liquidación orzamentaria do exercicio anterior deixa un remanente positivo que financiará melloras en beirarrúas, viais e instalacións deportivas de todas as parroquias
O atraso da dragaxe do porto de Miño chega ao Parlamento
O BNG reclama á Xunta que execute canto antes a actuación anunciada para primavera e explique os motivos da demora
A música e a danza tradicional toman Miño co Festival José Juan García
A cita, organizada pola ACRD O'Castro, celebrará este sábado a súa XXIV edición no parque municipal A Rúa cunha homenaxe á cultura popular galega
O eclipse total de sol marcará un verán con deporte, cultura e natureza en Miño
O municipio prepara unha ampla programación estival con rutas guiadas, actividades náuticas, festas tradicionais, concertos e propostas para todas as idades
Miño busca reforzar o control do aparcamento na Praia Grande durante o verán
O Concello abre o proceso para contratar unha persoa encargada da zona ORA entre xullo e setembro
A Praia Grande de Miño recupera area tras os temporais cunha actuación clave para frear a erosión
Costas mobiliza arredor de 2.500 metros cúbicos de area para reforzar unha das zonas máis castigadas do areal antes do inicio da tempada estival
A unidade móbil do DNI e pasaporte regresará a Miño en xullo
A veciñanza poderá pedir cita desde o 15 de xuño, de forma presencial no Concello ou por teléfono
Gallamonde acollerá a festa solidaria do ANPA mentres o fútbol sala provincial toma Miño
O ANPA Castro Baxoi organiza este sábado unha xornada familiar en Gallamonde mentres o pavillón Juan Tenreiro acolle o campionato provincial de fútbol sala
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
Un novo impulso estatal reforza a Feira de Cultura En CaMiño
O Ministerio de Cultura concede por segundo ano consecutivo unha axuda ao proxecto, que recibirá 20.000 euros para promover a lectura en Miño
Dous novos puntos de recarga reforzarán a mobilidade sostible en Miño
O Concello instalará os cargadores para vehículos eléctricos na contorna da oficina de turismo municipal dentro da Rede Eco da Biosfera
O Club Náutico de Miño abre as inscricións para as súas actividades de verán
A entidade abre as inscricións para as súas actividades estivais, con propostas náuticas e de lecer para diferentes idades e niveis
Unha ruta polo paseo do Lambre celebrará este domingo o Día da Bicicleta en Miño
A actividade sairá ás 10.00 horas da praza do Parchís e contará cun percorrido de 15 quilómetros pensado para promover o deporte e os hábitos saudables
Tres rúas de Miño renovarán o firme cun investimento de máis de 241.000 euros
O Concello actuará en Barrosa, Carreira e Raxel para mellorar o pavimento, reforzar a estrutura da calzada e renovar a sinalización horizontal
O orzamento máis alto da historia permitirá reforzar os investimentos en Miño
O Concello aproba unhas contas de 10.624.272 euros para 2026, con máis de 1,3 millóns reservados para obras e melloras nos servizos municipais
Aberto o proceso para reforzar a seguridade nas praias de Miño durante o verán
O Concello de Miño contratará catorce socorristas, sete con financiamento da Xunta de Galicia e outros sete con fondos municipais
O pumptrack toma A Galea cunha nova cita ciclista aberta á participación local
O Gran Premio Concello de Miño celebrarase o sábado 30 de maio, con inscricións a través da Federación Galega de Ciclismo e no propio recinto para a Liga Local
Unha nova cuberta permitirá usar todo o ano a pista deportiva de Vilanova-Perbes
O Concello de Miño aprobou o proxecto dunha actuación financiada pola Deputación da Coruña con 345.809,55 euros, que tamén inclúe novo pavimento, iluminación LED e drenaxe
Unha xornada en Miño achegará axudas e IA aos pequenos negocios
A Casa do Pescador acollerá o luns 25 de maio unha xornada gratuíta da Startup Europe Week 2026 dirixida a persoas autónomas, comercios e proxectos emprendedores
A creatividade infantil dá vida ás Letras Galegas en Miño
A ANPA Castro Baxoi entregou onte os premios do II Certame de Relato, unha iniciativa para fomentar a lectura, a escrita e o amor pola lingua galega entre os máis pequenos
A Xustiza obriga o Porto de Ferrol a devolver a Faraldo á xefatura económica
A resolución anula o cambio de funcións aplicado ao alcalde de Miño e condena á Autoridade Portuaria a indemnizalo por danos morais
A música de O'Castro homenaxeará a Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas en Miño
A actuación celebrarase este domingo 17 de maio, ás 12.00 horas, no centro social da Rúa
Os campamentos de verán abren 360 prazas para axudar á conciliación familiar en Miño
O Concello activa este mércores 13 de maio a preinscrición para 'Miño Respira' e para o campamento deportivo, que se desenvolverán en catro quendas entre xullo e agosto
Unha andaina contra o cancro reúne en Miño a veciñanza e representantes municipais
A iniciativa, promovida pola Asociación Española Contra o Cancro, contou coa participación do alcalde, da Xunta Local da entidade e da Asociación de Arte Efémero Alfombristas de Perbes Miño



