Dous novos puntos de recarga reforzarán a mobilidade sostible en Miño

ACoruñaXa
O Concello instalará os cargadores para vehículos eléctricos na contorna da oficina de turismo municipal dentro da Rede Eco da Biosfera
MIÑO obras carga
5 Jun 2026

Miño contará con dous novos puntos de recarga para vehículos eléctricos na contorna da oficina de turismo municipal. A actuación, aínda en execución, forma parte da estratexia de sostibilidade impulsada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

Os cargadores integraranse na Rede Eco da Biosfera, unha iniciativa coa que a entidade busca avanzar cara a un territorio máis eficiente e con menor pegada de carbono. O obxectivo é facilitar o uso de vehículos eléctricos tanto á veciñanza como ás persoas que visitan o municipio.

Desde o goberno local destacan que esta actuación permitirá seguir diversificando o modelo de mobilidade en Miño e avanzar cara a alternativas máis limpas. A instalación dos novos puntos de recarga contribuirá tamén á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mellora da calidade do aire.

O proxecto enmárcase nunha aposta máis ampla pola mobilidade sostible, coa intención de favorecer desprazamentos menos contaminantes e promover un uso máis responsable dos recursos. Con estes dous novos equipamentos, Miño reforza a súa infraestrutura para vehículos eléctricos e mellora os servizos dispoñibles nunha zona de paso e atención turística.

0.11617708206177