Novas de Miño
As praias das Mariñas manteñen o seu peso no mapa das bandeiras azuis
Arteixo, A Coruña, Oleiros, Miño e Bergondo concentran os areais distinguidos nesta convocatoria, con Bastiagueiro como unha das praias máis veteranas do mundo co galardón
Reclaman solucións urxentes para o CPI Castro Baxoi de Miño ante o atraso nas melloras
O BNG denuncia que a Xunta aínda non executou o arranxo da cuberta do patio, comprometido desde 2023, e apoia as queixas da ANPA polo horario lectivo na ESO
O transporte escolar obriga ao alumnado do Castro Baxoi a saír antes das aulas, segundo o PSdeG
A deputada Silvia Longueira reclama á Xunta que coordine os horarios do CPI de Miño para garantir os 50 minutos lectivos de cada clase
As familias do CPI Castro Baxoi mobilízanse polo horario lectivo da ESO
A ANPA promove unha reclamación colectiva para pedir a revisión das horas de clase en Secundaria e conta co respaldo do Concello de Miño
A homenaxe aos maiores enche de convivencia as mesas de Miño e Abegondo
O 'Xantar do Maior' no pavillón Juan Tenreiro e a XXXIII Festa da Terceira Idade polo San Marcos reuniron á veciñanza nunha xornada festiva con comida, música e baile
Miño pecha a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar á Fundación FEPAS
O Concello formalizará agora o contrato coa nova entidade para iniciar a transición e garantir a continuidade da atención ás persoas usuarias
Máis de 1.000 carteis para mellorar a reciclaxe e reducir erros nos contedores
O Concello de Miño activa unha nova campaña informativa nos recipientes verde e amarelo para diminuír os 'impropios' e reforzar a separación correcta dos residuos
O sabor do mar toma as barras coa primeira Ruta do Pincho Mariñeiro en Miño
Treces establecementos ofrecerán creacións con produto mariño os días 17 e 18 de abril, con prezos entre 1 e 3 euros
Miño abre a inscrición para o Xantar do Maior, que reunirá a 250 persoas no Juan Tenreiro
O prazo para anotarse estará aberto ata o 17 de abril no departamento de Servizos Sociais e o encontro celebrarase o 25 de abril, ás 14.00 horas
Unha viaxe a Ponferrada abrirá en Miño unha nova proposta de lecer para maiores de 55 anos
O Concello programa a saída para o 23 de abril e abrirá o prazo de inscrición entre os días 14 e 20 na Oficina de Turismo
Rematan as obras para poñer fin ás filtracións no pavillón municipal Juan Tenreiro en Miño
O investimento ascendeu a 106.000 euros, dos que 60.000 foron achegados pola Xunta, nunha actuación destinada a mellorar de forma definitiva a cuberta da instalación deportiva
Máis de 762.000 euros para reforzar o persoal cultural dos concellos da provincia
A liña da Deputación chega a 63 entidades locais e reforza os servizos culturais municipais na comarca das Mariñas e no conxunto da provincia
Máis de 2.000 avisos para reforzar a limpeza das faixas de protección contra incendios
O Concello de Miño lembra ás persoas titulares de terreos a obriga legal de xestionar a biomasa nas franxas próximas ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable
Luz verde en Miño ao relevo no Servizo de Axuda no Fogar
Miño adxudica o SAF á fundación FEPAS por 1.162.314,88 euros anuais e busca pechar unha etapa marcada por incidencias, queixas e a rescisión do contrato anterior
As queixas polos baches no acceso de urxencias ao centro de saúde de Betanzos poñen o foco no mantemento viario
Veciños de Betanzos reclaman unha actuación no vial do PAC do Carregal, mentres o Concello prevé renovacións de pavimento noutros puntos da cidade
Un cartel alerta en Bemantes da presenza de falsos traballadores do censo que actuarían porta a porta
O aviso difundido entre a veciñanza advirte de persoas que se farían pasar por empregados do Instituto Nacional de Estatística e Censos para solicitar datos persoais nos domicilios
Aberto o prazo para anotarse no campamento de conciliación de Semana Santa en Miño
O Concello oferta tres xornadas de actividade infantil os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares.
Rematadas as obras de renovación integral do parque infantil de Bemantes
O Concello de Miño investiu 53.243,63 euros, con financiamento do POS+ da Deputación da Coruña, para mellorar a seguridade e a accesibilidade do espazo
O BNG de Miño pide máis canles de participación e denuncia que a súa proposta non prosperou no pleno
A moción incluía encontros periódicos nas parroquias, un ‘Escano Veciñal’ nas sesións plenarias e un proceso anual de orzamentos participativos, pero foi rexeitada polo goberno local do PSOE




