Novas de Culleredo
O Mercado Templario de O Burgo abre cinco días de historia, artesanía e espectáculos en Culleredo
Máis de cen postos, animación medieval, música en directo, actividades infantís e o concerto gratuíto de Mojinos Escozíos conforman a programación ata o domingo
O Portazgo Bravú gaña o 43º Torneo de Chave Concello de Culleredo
A cita reuniu en Celas a decenas de afeccionados a esta modalidade tradicional, coa participación de clubs locais e do equipo convidado de Meixigo
Culleredo e Ordes brillan con sete medallas no Galego Infantil de natación
Martín e Dani lideraron o medalleiro do Club Natación Culleredo, mentres Blanca asinou tres podios para o Club Natación Ordes en Ourense
O PP de Culleredo recolle as demandas da mocidade nun encontro aberto
A iniciativa 'Tomamos algo e falamos?' reuniu a arredor de medio cento de mozos e mozas, que reclamaron máis apoio á emancipación, mellor transporte e alternativas de lecer
Mojinos Escozíos dará un concerto gratuíto en Culleredo xunto ao Mercado Templario
A actuación será o venres 3 de xullo ás 23.00 horas no paseo marítimo do Burgo, nunha semana con mercado, música e o festival BurgoJazz
O CHUAC pide prudencia en San Xoán ante o aumento de queimaduras durante a noite das fogueiras
A Unidade de Queimados lembra que moitos accidentes están ligados a imprudencias e ao consumo de alcohol, e advirte de que algunhas lesións poden deixar secuelas de por vida
Alba Cambre dá ao Club Natación Culleredo un bronce no Campionato Galego Alevín
A nadadora subiu ao podio nos 50 metros bolboreta nunha cita na que Sara, Ainara e Samuel tamén pecharon todas as súas probas no Top 10 galego
O ciclo cultural DESDE-A-MARXE fai parada en Culleredo cun encontro en Vila Melania
Tres creadoras e unha sesión conducida por Silvia Longueira puxeron o foco na cultura galega desde a diversidade de linguaxes e territorios
O Burgo volverá ao Medievo cun Mercado Templario de cinco días en Culleredo
A cita celebrarase do 1 ao 5 de xullo no Paseo Marítimo con música, animación de rúa, artesanía, gastronomía e actividades infantís
A bolsa de reforzo do taxi en Alvedro poderá ser cuberta por todos os vehículos da Coruña
A Xunta aborda coa Coruña, Culleredo e o sector as condicións do servizo no aeroporto e avanza na creación dunha área conxunta do taxi na comarca
O Aguamarina Sincro de Culleredo conquista o ouro galego na rutina acrobática absoluta
O club cullerdense asinou a primeira posición no Campionato Galego e tamén na clasificación Open de Verán de natación artística, celebrado na piscina Rías do Sur de Pontevedra
O Concello de Culleredo reúnese co sector do taxi para abordar a proposta dunha Área de Prestación Conxunta
O alcalde pide rigor técnico antes de avanzar nesta iniciativa impulsada pola Xunta e o Concello da Coruña
O pagamento a provedores abre unha nova batalla política en Culleredo
O PP denuncia atrasos medios de 121 días e facturas pendentes por valor de 3,6 millóns de euros
A loita contra a ELA terá no Burgo a súa gran cita solidaria en Galicia
AGAELA celebrará o acto central en Galicia polo Día Mundial da ELA o 21 de xuño, coa colaboración do Concello de Culleredo
O deporte e a saúde emocional entran nas aulas do IES Rego de Trabe
A Deputación da Coruña estreou en Culleredo o programa 'Forza e Mente', coa participación da halterófila Irene Martínez e da xogadora de rugby Alba Lalín
A mocidade estrea os seus curtos na edición máis participativa de 'Culleredo, de cine'
A cuarta edición da iniciativa implicou a 85 mozos e mozas na creación, gravación e edición de tres pezas audiovisuais
Os contos de A Erbeda levan o nome literario de Palavea da Coruña á Fonsagrada
O certame impulsado pola Asociación Veciñal Os Nosos Lares e a Real Academia Galega premiou seis relatos e volveu reivindicar a pegada de Emilia Pardo Bazán no barrio coruñés
O Xadrez Amodiño supera os 60 inscritos a poucos días da súa terceira edición
O torneo celebrarase os días 13 e 14 de xuño na Residencia Universitaria Rialta, na Zapateira, con prazo de inscrición aberto ata este xoves
Culleredo perfila os investimentos nas parroquias para presentar o orzamento
O goberno local recolleu peticións das asociacións e da veciñanza e reunirase coa oposición de cara a levalos a pleno




