Alba Cambre dá ao Club Natación Culleredo un bronce no Campionato Galego Alevín

O Club Natación Culleredo regresou do Campionato Galego Alevín de verán cunha medalla de bronce e varias actuacións destacadas. A competición celebrouse na piscina de Rías do Sur, en Pontevedra, e reuniu a algúns dos mellores nadadores da categoría en Galicia.
A gran protagonista do club foi Alba Cambre Haz, que conseguiu a medalla de bronce nos 50 metros bolboreta 13 anos cun tempo de 29.77. A nadadora asinou así un dos mellores resultados da expedición cullerdense nunha das probas máis importantes da tempada.
Xunto a ela tamén competiron Sara, Ainara e Samuel, que lograron finalizar todas as súas probas dentro do Top 10 de Galicia. O club destacou o esforzo, a entrega e o nivel competitivo amosado polos catro representantes durante toda a fin de semana.
Máis alá dos resultados, o Campionato Galego Alevín serviu para confirmar o crecemento da base do Club Natación Culleredo, que continúa sumando experiencia en citas autonómicas e consolidando o traballo das súas novas promesas.