A chave volve reunir en Celas a tradición deportiva de Culleredo

ACoruñaXa
O torneo municipal celebra este domingo a súa edición número 43 coa participación de cinco clubs e a dirección técnica de O Xismo
CULLEREDO chave
26 Jun 2026

A tradición chaveira volverá ser protagonista este domingo, 28 de xuño, en Culleredo coa celebración da edición número 43 do Torneo de Chave Concello de Culleredo. A competición desenvolverase no campo de Celas a partir das 9.30 horas.

A cita reunirá a clubs e afeccionados dunha modalidade deportiva cun forte arraigo no municipio. Nesta edición participarán os clubs Acea de Ama, Portazgo, Boedo e Aldea, ademais do equipo convidado de Meixigo. A dirección técnica correrá a cargo do club O Xismo.

O torneo municipal mantense como unha das grandes citas da chave en Culleredo, un deporte tradicional que continúa sumando seguidores e que conserva unha importante presenza social grazas á implicación dos clubs locais.

Desde o Concello destacan o bo estado desta práctica deportiva e o traballo das entidades que a manteñen viva ano tras ano. A competición servirá tamén como punto de encontro para xogadores, familias e veciñanza nunha xornada marcada pola convivencia e pola defensa dos deportes tradicionais.

0.13138198852539