Veciñanza de Laxe pide revisar a ubicación dunha praza de mobilidade reducida por problemas de accesibilidade

ACoruñaXa
Alternativa traslada ao Concello as queixas pola situación dunha praza reservada que podería dificultar o paso de vehículos de emerxencia
Culleredo-praza-mobilidade-reduicida-accesibilidade
16 Jun 2026

A veciñanza da contorna da rúa Laxe, na súa confluencia coa rúa Manuel Candamio, alertou nos últimos días de posibles problemas derivados da localización dunha praza de estacionamento reservada para persoas con mobilidade reducida.

O grupo municipal de Alternativa trasladou esta preocupación ao goberno local tras unha visita á zona, recollendo as queixas dos residentes, que sinalan que a disposición actual do espazo podería estar a xerar dificultades na circulación de vehículos de maior tamaño, especialmente ambulancias e servizos de emerxencia.

Segundo explican, a configuración da praza tamén estaría a afectar ao acceso a unha vivenda próxima, o que incrementa a inquietude entre os veciños e veciñas da contorna.

Ante esta situación, Alternativa solicitou ao Concello que os servizos técnicos municipais analicen alternativas de reubicación ou modificación do espazo reservado, co obxectivo de garantir tanto a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida como o correcto funcionamento da vía e a seguridade no entorno urbano.

O grupo insiste en que se trata de compatibilizar dereitos e necesidades sen prexudicar nin a mobilidade nin o acceso aos servizos de emerxencia, polo que pide unha solución estudada e consensuada.

0.14154887199402