Novas de Culleredo
Un despedimento volve enfrontar a Carpintería Cerqueiro coa CIG por un conflito sindical
O sindicato reclama a readmisión dun delegado tras fracasar a conciliación no SMAC e lembra que a empresa xa tivo que recoñecer a improcedencia doutro despedimento relacionado cunha candidatura sindical
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
O fútbol volverá ser protagonista do verán en Culleredo con catro torneos municipais
As competicións de afeccionados, veteranos, fútbol base e feminino arrancarán este 9 de agosto e culminarán o 2 de setembro no Municipal de Rutis
A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
O Consorcio As Mariñas impulsa un novo contrato para mellorar a recollida do lixo nos oito concellos
O pleno aproba por unanimidade os pregos dun servizo valorado en máis de 16 millóns de euros anuais, que reforzará a reciclaxe e a xestión dos puntos limpos
Alternativa denuncia o deterioro do viario do Centro Loxístico de Ledoño e reclama actuacións inmediatas
O Goberno de Culleredo vincula as intervencións ao futuro da terminal ferroviaria de mercadorías, mentres a formación insiste en que a seguridade non pode esperar
A ría do Burgo acollerá unha xornada de limpeza de residuos aberta á participación cidadá
O Grupo Naturalista Hábitat organizará o 28 de xullo unha actividade gratuíta de voluntariado na contorna da ría, ao seu paso por Cambre
Culleredo licita por máis de 266.000 euros a mellora da seguridade viaria nos accesos ao IES Eduardo Blanco Amor
O proxecto renovará a rúa Condes de Andrade e o acceso ao centro educativo con novas beirarrúas, iluminación LED, pasos sobreelevados e melloras nas redes de servizos
O Burgo activa un dispositivo especial de seguridade ante unhas festas que agardan milleiros de visitantes
Culleredo reforzará a presenza da Policía Local, Garda Civil e Emerxencias durante os festexos, con cortes de tráfico e zonas especiais de aparcamento
Culleredo acolle un obradoiro gratuíto para aprender técnicas de comunicación asertiva
A actividade, promovida por ANHIDA Coruña coa colaboración do Concello, celebrarase o xoves 23 de xullo no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e require inscrición previa
O festival Castelo Conta en Culleredo aspira a facer historia coa súa programación cultural máis ambiciosa para o rural
A cita une humor, música co concerto de Xoel López e a alta gastronomía de Lucía Freitas nunha edición que xera un impacto económico de máis de medio millón de euros
O Partido Popular critica a retención de máis de 18 millóns de euros nas contas de Culleredo mentres se perden axudas públicas
A voceira Izaskun García sinala que os datos contables desmontan os argumentos de bloqueo e urxe ao executivo municipal a activar os investimentos pendentes
O Concello de Culleredo aproba a conta xeral co horizonte posto no vindeiro orzamento
O pleno aproba o documento técnico de 2024 mentres o goberno local ultima a presentación do borrador económico para esta mesma semana
Unha pantalla xigante conectará a paixón polo Mundial de fútbol co peche das festas de Vilaboa
O Concello de Culleredo colabora na retransmisión da semifinal entre España e Francia, que compartirá protagonismo cunha churrascada e o concerto de Cinema
Os campamentos xuvenís de Culleredo pechan a edición de verán tras achegar 50 disciplinas deportivas
Un total de 54 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos participaron nun programa que rematou cunha visita ao Aquapark de Cerceda e unha acampada na Reitoral de Celas
Máis de 17,7 millóns para conservar a A-6 ao seu paso por Abegondo, Coirós, Aranga, Cambre e Culleredo
O contrato inclúe actuacións de mantemento, seguridade viaria e repintado en 81 quilómetros da Rede de Estradas do Estado na provincia da Coruña
As Mariñas Coruñesas avanzan na definición de novos proxectos para impulsar a paisaxe e a biodiversidade
Os 17 concellos da Reserva de Biosfera traballan nun mapa de oportunidades ambientais con actuacións específicas para cada municipio
Eventos
OcioenGalicia
XLI Festa ó Emigrante de Pol
OcioenGalicia
VII Fiesta del Peregrino de Triacastela
OcioenGalicia
IX Ares Indiano
Case 500 menores gozan en Culleredo dun verán de xogos, aprendizaxe e conciliación
As Mañás de Campamento reúnense ata o 28 de agosto nos CEIP Isaac Díaz Pardo, Sofía Casanova e Vila de Rutis
Culleredo recibe esta semana a campaña de doazón de sangue con tres puntos de extracción
A unidade móbil de ADOS visitará o Concello, O Burgo e Fonteculler para reforzar as reservas durante o verán
Orro celebra hoxe a XVII Festa do Polo Pedrosiano con cea popular e música
A cita gastronómica reunirá veciñanza e visitantes arredor do polo picantón, cunha degustación ás 21.00 horas e verbena posterior
O Mercado Templario de O Burgo abre cinco días de historia, artesanía e espectáculos en Culleredo
Máis de cen postos, animación medieval, música en directo, actividades infantís e o concerto gratuíto de Mojinos Escozíos conforman a programación ata o domingo
O BNG propón que o Concello merque unha parcela de 12.000 metros cadrados xunto ao Rego das Xesteiras
A formación nacionalista defenderá no pleno a adquisición dos terreos para reforzar a protección ambiental e etnográfica da contorna
Culleredo arranca os seus campamentos xuvenís con medio centenar de prazas de deportes acuáticos e alternativos
O polideportivo Ría do Burgo centraliza o inicio dos programas deportivos e de ocio saudable para mozos de 12 a 18 anos
O BurgoJazz volverá encher de música a Ría do Burgo con catro noites de concertos
O festival celebrarase do 3 ao 6 de xullo no Xardín Botánico con actuacións de Wilson & Friends Jazz Quarter, Pablo Sanmamed Cuarteto, un tributo a Richard Galliano e Pepe Rivero & Ángela Cervantes







