A Dragona Ramona regresa ás bibliotecas de Culleredo con dous contacontos en novembro

ACoruñaXa
As sesións celebraranse os venres 13 e 27, ás 17:30 horas, nas bibliotecas de Vilaboa e O Burgo
CULLEREDO dragona ramona
12 Nov 2026

A Dragona Ramona volverá este mes ás bibliotecas municipais de Culleredo para compartir dúas novas sesións de contacontos co público infantil. As citas serán os venres 13 e 27 de novembro, ambas ás 17:30 horas, e permitirán achegar a lectura aos máis pequenos a través de historias adaptadas á súa idade.

A primeira actividade terá lugar este venres 13 na Biblioteca Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa. Nesta ocasión, a protagonista será o conto «Biscoito de castañas», escrito por Lucía Mojón e ilustrado por Lucía Barrios.

Dúas semanas despois, o venres 27, a Dragona Ramona trasladarase á Biblioteca Municipal González Garcés de O Burgo para contar «O outono da árbore cascarrabias».

As actividades están pensadas para nenos e nenas a partir de tres anos, que deberán acudir acompañados dunha persoa adulta. A participación é gratuíta e non require inscrición nin reserva previa.

Estas sesións forman parte da programación habitual das bibliotecas municipais para fomentar o hábito lector desde as primeiras idades e ofrecer ás familias unha proposta de lecer cultural arredor dos libros e da narración oral.

0.14911580085754