Un policía local de Culleredo logra sete medallas nos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros

GaliciaXa | ACoruñaXa
O axente conseguiu un ouro, unha prata e cinco bronces nas probas de natación desta competición internacional, que reúne máis de 3.000 profesionais de máis de 40 países
alfredo-iglesias-Juegos-Europeos-de-Policía-y-Bomberos-2026-culleredo
13 Oct 2026

Alfredo Iglesias, axente da Policía Local de Culleredo, asinou unha destacada actuación nos XI Xogos Europeos de Policía e Bombeiros, que se celebran este ano en Vigo, ao conseguir sete medallas nas diferentes probas de natación.

O deportista acadou o ouro nos 200 metros crol e a prata nos 400 metros crol. Ademais, subiu ao podio en cinco ocasións para recoller medallas de bronce: nos 50, 100 e 200 metros costas, nos 50 metros braza e nos 100 metros crol.

Os resultados de Iglesias sobresaen nunha cita deportiva de carácter internacional que reúne en Vigo máis de 3.000 profesionais dos servizos de emerxencias procedentes de máis de 40 países. A súa participación deixa un balance de sete metais en distintas modalidades da natación.

O goberno municipal de Culleredo felicitou o axente polos resultados obtidos e destacou que o seu medalleiro é froito do traballo e do esforzo diario. O Concello tamén puxo en valor a súa vocación como policía local e a preparación física que require o desempeño desta profesión.

0.15880703926086