A mocidade toma a palabra hoxe en Culleredo nun encontro aberto do PP

ACoruñaXa
A cita será ás 19.00 horas na cervexaría Saoko, na Praza Europa, para recoller propostas sobre vivenda, emprego, transporte e ocio
culleredo-pp
26 Jun 2026

O PP de Culleredo celebra hoxe venres un encontro aberto coa mocidade do municipio baixo o lema 'Tomamos algo e falamos?', unha iniciativa coa que busca escoitar as súas preocupacións e propostas sobre o presente e o futuro do concello.

A cita terá lugar ás 19.00 horas na cervexaría Saoko, na Praza Europa, e contará coa participación da portavoz popular en Culleredo, Izaskun García, e da directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses.

O encontro abordará asuntos como o acceso á vivenda, as oportunidades laborais, o transporte público, o ocio, os espazos de encontro, a participación xuvenil e as posibilidades de futuro no municipio.

Desde o PP defenden que o obxectivo é crear un espazo próximo e informal, afastado dos formatos políticos tradicionais, no que a mocidade poida trasladar críticas, ideas e propostas para mellorar Culleredo.

0.11968588829041