O BurgoJazz volverá encher de música a Ría do Burgo con catro noites de concertos

ACoruñaXa
O festival celebrarase do 3 ao 6 de xullo no Xardín Botánico con actuacións de Wilson & Friends Jazz Quarter, Pablo Sanmamed Cuarteto, un tributo a Richard Galliano e Pepe Rivero & Ángela Cervantes
burgo-jazzz
29 Jun 2026

Culleredo volverá converterse este verán nun punto de encontro para os amantes do jazz coa celebración dunha nova edición do BurgoJazz 2026. O festival, organizado polo Concello, desenvolverase entre os días 3 e 6 de xullo no Xardín Botánico da Ría do Burgo, un escenario que se consolidou como un dos espazos culturais ao aire libre máis singulares da comarca.

A cita reunirá durante catro noites a destacados músicos e formacións, reafirmando a aposta municipal por achegar propostas musicais de calidade e por ofrecer unha programación cultural variada durante a época estival. O evento busca, ademais, poñer en valor a contorna da ría e atraer tanto ao público local como a visitantes doutros municipios.

Desde o Concello destacan que o BurgoJazz é xa unha das citas musicais máis consolidadas do calendario cultural de Culleredo, combinando a música en directo cun enclave natural privilexiado. Todos os concertos serán de acceso libre e comezarán ás 21.00 horas.

PROGRAMA

0.13112187385559