O Burgo volverá ao Medievo cun Mercado Templario de cinco días en Culleredo

ACoruñaXa
A cita celebrarase do 1 ao 5 de xullo no Paseo Marítimo con música, animación de rúa, artesanía, gastronomía e actividades infantís
CULLEREDO feria medieval 2025
20 Jun 2026

O Mercado Templario do Burgo do Faro regresará este verán a Culleredo cunha edición ampliada que se desenvolverá durante cinco días, do mércores 1 ao domingo 5 de xullo, no Paseo Marítimo de O Burgo.

A cita, organizada polo Concello coa colaboración de Lucus Events, volverá reunir artesáns, comerciantes, artistas, músicos e compañías de animación nun dos eventos máis consolidados do calendario estival do municipio.

A programación incluirá pasarrúas, espectáculos, personaxes de inspiración medieval, demostracións de artesanía, postos de produtos tradicionais e unha ampla oferta gastronómica. Tamén haberá un gran espazo infantil con xogos, obradoiros e atraccións para os máis pequenos.

A apertura será o mércores 1 de xullo ás 17.00 horas, con pasarrúas musicais e a visita do fauno. A inauguración oficial terá lugar o xoves 2 ás 20.30 horas. O mercado abrirá o xoves de 17.00 a 23.00 horas; o venres e o sábado, de 11.00 a 23.30 horas; e o domingo, de 11.00 a 23.00 horas.

Entre os participantes figuran personaxes como o trasno Froilán, Don Emérito dos bosques ou o frade Marcelino, mentres que a música correrá a cargo de grupos como Os Brinqueiros, Ramalleira, Gaeloc e Trebaruna.

O alcalde, José Ramón Rioboo, destacou que o Mercado Templario é xa unha referencia na comarca e un atractivo para o comercio, o turismo local e as familias que cada ano se achegan ao Paseo Marítimo para gozar desta recreación histórica.

PROGRAMA

0.12171506881714