O Xadrez Amodiño supera os 60 inscritos a poucos días da súa terceira edición

O Club Escola Xadrez Culleredo ultima os preparativos do III Xadrez Amodiño, unha cita que xa supera os 60 participantes inscritos e que se celebrará os días 13 e 14 de xuño na Residencia Universitaria Rialta, na Zapateira.
A competición vai gañando ritmo a poucos días da súa celebración e mantén aberto o prazo de inscrición ata o xoves 12 de xuño. Desde a organización animan ás persoas interesadas a non agardar ao último momento para formalizar a súa participación.
As inscricións poden tramitarse a través do correo electrónico torneos.cexc@gmail.com ou nos teléfonos 679 819 710 e 680 920 562. A listaxe actualizada de participantes está dispoñible na plataforma Info64.
O torneo consolídase así como unha nova oportunidade para reunir afeccionados e xogadores de xadrez nunha fin de semana de competición en Culleredo, cun formato pensado para seguir impulsando este deporte no ámbito local e galego.