Novas de Betanzos
O Circuíto Provincial de Piragüismo levará seis regatas pola provincia da Coruña
A quinta edición da competición disputarase este verán en Betanzos, A Coruña, Ames, As Pontes, Pontedeume e Boiro, con categorías base e paracanoa
O convento de As Donas encara a súa recuperación definitiva coa licitación da segunda fase
O Concello de Betanzos investirá máis de 500.000 euros para completar a rehabilitación do edificio e humanizar toda a súa contorna
Dúas medallas europeas para o Kwon Betanzos nun brillante Campionato de Europa de Clubs
O club betanceiro regresou de Sarajevo con dous bronces e converteuse no equipo español con máis medallas da competición, igualado co Tortosa de Madrid
Un corte de auga afectará o luns á rúa Alcalde López Datorre e á Praza de San Antonio
A interrupción do subministro realizarase entre as 9.00 e as 15.00 horas polos enganches definitivos da rede
A Universidade Popular de Betanzos regresa cun amplo programa cultural para dinamizar o verán
A iniciativa ofrecerá conferencias, obradoiros e encontros arredor da arte, a historia e o patrimonio grazas á colaboración de entidades e veciñanza
A rexeneración da ría centra o encontro entre o BNG e Amigos dos Ríos de Betanzos
A formación nacionalista recolleu as demandas da entidade, que pasan polo saneamento dos ríos, a retirada de sedimentos, o mantemento dos cauces e a creación dunha campa de varada
A formación sociosanitaria abre unha nova vía laboral para 20 persoas en Betanzos e Coirós
O novo Obradoiro Dual de Emprego terá nove meses de duración e permitirá obter certificados profesionais nun sector con alta demanda de persoal cualificado
Ouro europeo para o betanceiro Carlos Arévalo nunha final de infarto do K1 200
O piragüista impúxose en Montemor-o-Velho cun tempo de 34.103 segundos e sumou o seu segundo metal do Europeo tras a prata no K4 500
A Feira Medieval de Betanzos prepara o seu regreso con máis de 350 solicitudes para postos
A XXVII edición celebrarase a segunda fin de semana de xullo e volverá transformar o casco histórico nun gran escenario de época
A oposición de Betanzos cuestiona a xestión económica de Barral pola aparición de facturas sen pagar
O PP de Betanzos critica un recoñecemento extraxudicial de crédito de 938.668,51 euros, mentres o goberno local levará o expediente a pleno para regularizar pagos pendentes a provedores
Betanzos abre a convocatoria da XVIII Bienal de Pintura Balconadas con premios de ata 5.000 euros
O certame transformará un ano máis os balcóns do Casco Histórico nunha galería de arte ao aire libre entre finais de xullo e agosto
Novas vivendas públicas reabren o debate sobre a ampliación do Rexurbe no casco histórico de Betanzos
A Xunta entregou dous pisos rehabilitados a menores de 36 anos e a alcaldesa reclamou que se retome a compra de inmobles para aumentar o parque público de alugueiro
Un peche de tempada con oito finais e cinco vitorias no Open Cidade do Lérez para o Kwon Betanzos
A representación do club asinou unha actuación moi destacada no último torneo do Ranking Galego, con sete ouros, catro pratas e dous bronces contando tamén a Liga B
Galicia estrea as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño para descubrir o territorio a través da cultura vitivinícola
As xornadas celebraranse o 16 de xuño no Pazo de Goiáns, en Boiro; o 22 de xuño no Pazo de Trasalba, en Amoeiro; o 29 de xuño no Pazo de Mariñán, en Bergondo; o 3 de xullo no Mosteiro de Poio; e o 13 de xullo na Casa do Cazador, en Negueira de Muñiz
Dobre triunfo do ITF Brigantium na velada Guerreiros da Terra de Montes
Brais Freire impúxose en K-1 por decisión unánime e Paula Vázquez resolveu o seu debut en muay thai por KO técnico en Cerdedo-Cotobade
As lumeiradas de San Xoán deberán contar con autorización previa en Betanzos
O Concello abrirá a vindeira semana o prazo para comunicar ou solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán e San Pedro, que deberán rexistrarse cun mínimo de 72 horas de antelación
San Roque 2026 busca xa as súas persoas representantes en Betanzos
O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 16 de xuño e a elección farase por sorteo público no caso de haber varias solicitudes
Un ouro e un bronce para o Kwon Betanzos na final galega escolar de combate
O club chegou á cita autonómica con catro deportistas tras superar a fase provincial e asinou unha actuación destacada nas categorías escolares
A cor de Betanzos toma o Museo das Mariñas coa mirada de Elena Otero Chas
A exposición 'De color Betanzos' inaugúrase o venres 5 de xuño e poderá visitarse ata o 31 de agosto
A fonte da Diana Cazadora recuperará a súa imaxe histórica tras unha intervención integral
O Concello de Betanzos iniciou os traballos para reparar filtracións, limpar o óxido, recuperar as letras douradas e repintar a estrutura co tradicional 'verde Betanzos'
Cruce de versións por unha vertedura detectada no Mandeo preto da depuradora
O PP de Betanzos pide aclarar a orixe do episodio, mentres o Concello nega que proceda da EDAR e asegura que non se trata de augas fecais
Prohibido aparcar no acceso á estación de Betanzos-Infesta polos buses alternativos de Renfe
A restrición estará activa do 4 de xuño ao 11 de xullo para facilitar as conexións por estrada durante as obras na estación da Coruña
O sector lácteo reivindica en Betanzos o valor do leite para a saúde e para o rural
Agromuralla celebrou o Día Mundial do Leite cun posto informativo na Praza Irmáns García Naveiras, onde repartiu leite, queixo e información entre a veciñanza coincidindo coa feira quincenal
Antón Tenreiro asumirá a acta do BNG no último ano do mandato en Betanzos
O veciño de Infesta substituirá a Salvador González, que deixa o posto por motivos persoais e sindicais




