Novas de Betanzos
Carlos Arévalo suma dúas novas medallas nos Mundiais de piragüismo de Poznan
O deportista de Betanzos conseguiu o bronce no K1 200 e tamén subiu ao podio co C4 500 da selección española
A alerta pola escaseza de auga mantense en Arteixo e Culleredo e a prealerta chega a outros 16 concellos da comarca das Mariñas
A Xunta mantén os escenarios de escaseza pese ás últimas choivas e sitúa os encoros de abastecemento de Galicia-Costa no 62,5 % da súa capacidade
Centos de corredores desafiaron a choiva para manter viva a tradición da Carreira Popular de Betanzos
A XXVI edición da proba reuniu participantes de todas as idades durante as Festas de San Roque, cun percorrido de 5 quilómetros para a categoría absoluta e unha andaina paralela
O Paseo da Tolerancia prepárase para unha nova edición da Cucaña Betanceira
A sexta edición celebrarase este sábado dentro do programa das festas de San Roque e repartirá 200 euros en Acebecheques entre os participantes
Un rally sostible percorrerá 35 concellos galegos e chegará ata a 'fin do mundo' en Fisterra
O 10º Repsol EcoRallye A Coruña cubrirá case 587 quilómetros entre as provincias da Coruña e Lugo, con 14 tramos de regularidade e paradas en Vimianzo, Fisterra, Coristanco e As Pontes
O Globo de Betanzos volve conquistar o ceo tras unha longa espera e ante unha praza ateigada
O tradicional aerostato de San Roque elevouse ás 00.56 horas entre aplausos e emoción, nunha noite na que miles de persoas volveron renderse a unha das tradicións máis emblemáticas da cidade
Máis vivendas, aparcamento e actividade económica para recuperar o casco histórico de Betanzos
O novo PEPOCH, aprobado inicialmente en Betanzos, elimina o límite de vivendas por edificio e incorpora novas solucións para compatibilizar patrimonio, turismo, mobilidade e enerxía solar
Todo listo para o San Roque de Betanzos: o Globo será o gran momento dunha festa que obrigará a reforzar a seguridade
As celebracións comezan este venres 14 e prolongaranse ata o día 25, con cortes de tráfico, cambios no transporte e un dispositivo especial ante a chegada de milleiros de visitantes
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
O Plan Rexurbe suma un novo fogar en Betanzos cun alugueiro público de menos de 180 euros ao mes
A Xunta entrega unha vivenda rehabilitada na rúa Pinche a un mozo menor de 36 anos e alcanza xa as 20 adxudicacións no centro histórico da cidade
Abren as inscricións para obter o título oficial de monitor de tempo libre en Betanzos
O curso, que comezará o 26 de setembro no Espazo Xove, inclúe 350 horas de formación entre parte teórica e prácticas
A mocidade poderá iniciarse no piragüismo nas III Xornadas de Portas Abertas de Betanzos
O Concello ofrece 120 prazas gratuítas para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos durante as Festas de San Roque
A Deputación da Coruña reparte preto dun millón de euros entre 52 concellos para impulsar a economía local
Feiras de emprego, campañas comerciais, festas gastronómicas e eventos turísticos recibirán 962.953 euros para fomentar a actividade económica nos municipios
Betanzos investirá máis de 102.000 euros na humanización e renaturalización da urbanización da Condesa
O proxecto transformará a zona central do barrio coa creación de rúas xardín, novas áreas verdes e espazos de descanso para a veciñanza
Betanzos lamenta quedar fóra da reunión sobre a futura gobernanza metropolitana da área da Coruña
A alcaldesa, María Barral, reclama un proceso integrador no que participen todos os municipios vinculados á realidade metropolitana
Chamamento ao aforro de auga ante a falta de choivas en Betanzos
O Concello pon en marcha unha campaña con recomendacións para reducir o consumo mentres a Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza en varias zonas de Galicia
Isabell Seidel conquista a Bienal Internacional de Pintura Balconadas de Betanzos e Manuel Carballeira Rivas logra unha mención de honra
O pintor afincado en Valdoviño e profesor das clases municipais de pintura figura entre os artistas distinguidos na XVIII edición dun certame que reuniu preto dun cento de obras
Os 'Caneiros en familia' colgan o cartel de completo antes da celebración deste sábado
O Concello de Betanzos esgota todas as prazas para participar na romaría fluvial previa ás festas de San Roque
Antón Tenreiro incorpórase ao grupo municipal do BNG de Betanzos
O novo concelleiro toma posesión no pleno deste luns e asegura que regresa á primeira liña política para 'sumar ao cambio que Betanzos necesita'
O PP de Betanzos carga contra a nova regulación do tráfico no casco histórico e alerta de 'caos de xestión'
Os populares aseguran que a ordenanza mantén falta de consenso, crea inseguridade xurídica e dificultará a vida diaria de residentes e negocios
A aula CeMIT de Betanzos programa dúas novas actividades formativas para o mes agosto
A oferta inclúe un curso sobre trámites electrónicos e un exame de teleformación EMA, dirixidos á poboación en xeral
Betanzos abrirá o mes de agosto cunha nova edición do "Caneiros en familia"
A romaría celebrarase o 1 de agosto e o prazo para reservar praza nas viaxes en barco permanecerá aberto ata o 30 de xullo



