Novas de Betanzos
A Feira Medieval de Betanzos prepara o seu regreso con máis de 350 solicitudes para postos
A XXVII edición celebrarase a segunda fin de semana de xullo e volverá transformar o casco histórico nun gran escenario de época
'Queremos que calquera persoa atope o seu sitio no tatami': a filosofía que impulsa o Club ITF Brigantium
O Club ITF Brigantium, instalado agora en Betanzos tras os seus comezos en Coirós, medra cun proxecto que combina Taekwon-Do ITF, kickboxing e Krav Maga
Betanzos pide á Xunta completar a ETAP para acabar coa turbidez da auga
O Concello dá por rematada a actuación na estación de tratamento, pero María Barral pide á Xunta que financie a fase pendente para completar a solución
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
A rede de auga potable de Betanzos reforza a súa capacidade con 1,8 millóns en melloras
A Xunta entrega ao Concello a primeira fase da modernización do sistema de abastecemento, que permitirá dar servizo con máis garantías a máis de 15.600 persoas
Dobre triunfo do ITF Brigantium na velada Guerreiros da Terra de Montes
Brais Freire impúxose en K-1 por decisión unánime e Paula Vázquez resolveu o seu debut en muay thai por KO técnico en Cerdedo-Cotobade
As lumeiradas de San Xoán deberán contar con autorización previa en Betanzos
O Concello abrirá a vindeira semana o prazo para comunicar ou solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán e San Pedro, que deberán rexistrarse cun mínimo de 72 horas de antelación
Apoio ao alugueiro e á hipoteca para familias vulnerables de Betanzos
O Concello abre ata o 26 de xuño a convocatoria de axudas extraordinarias para contribuír ao pagamento da vivenda habitual
Sete ouros impulsan ao ITF Brigantium tras unha intensa cita en Ourense
O club competiu no Trofeo Cidade de Ourense e na velada 'Galicia contra Portugal', onde tres dos seus deportistas formaron parte da selección galega
A cor de Betanzos toma o Museo das Mariñas coa mirada de Elena Otero Chas
A exposición 'De color Betanzos' inaugúrase o venres 5 de xuño e poderá visitarse ata o 31 de agosto
Un paseo pola ría para descubrir Betanzos desde outra mirada
O Concello activa as rutas guiadas fluviais de verán, con saídas entre xuño e setembro desde o Paseo da Tolerancia
Antón Tenreiro asumirá a acta do BNG no último ano do mandato en Betanzos
O veciño de Infesta substituirá a Salvador González, que deixa o posto por motivos persoais e sindicais
Un ascenso invicto premia a gran tempada de La Goleta Santo Domingo Betanzos
O equipo veterano do club betanceiro sobe a Segunda Autonómica tras vencer ao San José de Cluny por 54-60 e chegar á recta final da liga sen coñecer a derrota
Agromuralla celebra este luns en Betanzos o Día Mundial do Leite
Coincidindo coa feira quincenal, a asociación de gandeiros e gandeiras colocará un stand no que repartirá información e agasallará con leite e queixo a todas as persoas que se acheguen
Piadela consolídase como polo empresarial coa modernización das súas infraestruturas
O Concello completa un plan de melloras no polígono que inclúe nova iluminación LED, melloras viarias e novos proxectos industriais en marcha
O debate polo centro de día volve ao pleno de Betanzos
O BNG reclama que a Xunta asuma a creación deste servizo e asegura que a súa iniciativa plenaria saíu adiante coa abstención do PP
Un corte de auga afectará este venres a varias rúas de Betanzos
A interrupción do servizo producirase entre as 9.00 e as 12.00 horas polos traballos na rúa Alcalde López Datorre
Un obradoiro ensinará a observar e fotografar eclipses no Liceo
Óscar Blanco impartirá este venres unha charla gratuíta en Betanzos para achegar á cidadanía as claves dun dos fenómenos astronómicos máis esperados
Unha proposta plenaria en Betanzos busca desbloquear o futuro do Complexo San Roque
O goberno local levará ao Pleno a cesión da concesión e dos dereitos de arrendamento á empresa Nuevas Iniciativas Betanzos S.L. para regularizar o hotel, o museo de degustación e o aparcadoiro soterrado




