A aula CeMIT de Betanzos programa dúas novas actividades formativas para o mes agosto

A aula da Rede CeMIT do Concello de Betanzos acollerá durante o mes de agosto dúas novas actividades formativas dirixidas á cidadanía, centradas na capacitación dixital e no uso dos servizos electrónicos.
Os días 5 e 6 de agosto desenvolverase o curso “Trámites electrónicos”, destinado á poboación en xeral que se presentou ao procedemento de regularización extraordinaria. A formación impartirase en horario de 09:00 a 11:00 horas.
A programación completarase o 7 de agosto coa celebración do “Exame de teleformación EMA”, dirixido ás persoas que previamente remataron o curso de teleformación a través da plataforma EMA. A proba realizarase entre as 09:00 e as 10:00 horas, sendo a hora de entrada ás 09:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia ten como finalidade fomentar a alfabetización dixital da sociedade galega e impulsar actuacións vinculadas ao desenvolvemento da actividade económica, empresarial e á implantación dos servizos electrónicos. Ademais, ofrece apoio ás persoas con maiores dificultades no ámbito dixital, facilitándolles ferramentas e recursos para favorecer a súa participación na sociedade da información.
As persoas interesadas en participar ou obter máis información sobre estas actividades poden dirixirse á aula CeMIT de Betanzos, situada na rúa Emilio Romay, número 1.