Os cortes de tráfico marcarán as festas de San Roque de Betanzos entre o 14 e o 25 de agosto

ACoruñaXa
A praza dos Irmáns García Naveira permanecerá pechada en diferentes xornadas e o transporte público modificará os seus percorridos
BETANZOS praza irmáns noite
10 Aug 2026

A celebración das festas patronais de San Roque obrigará a introducir diferentes cortes de tráfico e modificacións no transporte público en Betanzos entre o 14 e o 25 de agosto. As principais afeccións concentraranse na praza dos Irmáns García Naveira, onde se desenvolverán boa parte das actividades e actuacións da programación festiva.

A Policía Local activará durante estas xornadas un dispositivo especial de tráfico e seguridade co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento dos actos e facilitar a mobilidade durante os momentos de maior afluencia.

Estes son os días con cortes

  • 14 de agosto: desde as 19:00 horas ata o final da actuación nocturna.
  • 15 de agosto: desde as 15:00 horas e ata o día seguinte.
  • 16 de agosto: durante todo o día e ata o final da actuación nocturna.
  • 17 de agosto: desde as 19:00 horas ata o final da actuación nocturna.
  • 18 de agosto: desde as 19:00 horas ata o final da actuación nocturna.
  • 20 de agosto: desde as 19:00 horas ata o final da actuación nocturna.
  • 21 de agosto: desde as 19:00 horas ata o final da actuación nocturna.
  • 22 de agosto: desde as 19:00 horas e ata o día seguinte.
  • 23 de agosto: durante todo o día e ata o final da actuación nocturna.
  • 25 de agosto: desde as 15:00 horas ata o final da actuación nocturna.

Cambios no transporte público

O peche da praza dos Irmáns García Naveira afectará tamén ás liñas regulares de transporte público. Durante os períodos de corte, os servizos utilizarán as paradas habilitadas na avenida da Coruña, na zona dos Colexios, e na avenida Jesús García Naveira, dependendo de cada liña.

A Policía Local será a encargada de regular o tráfico e poderá establecer restricións ou medidas adicionais de forma puntual en función da afluencia de persoas e do desenvolvemento das diferentes actividades.

Desde o Concello recoméndase aos veciños e visitantes planificar os desprazamentos con antelación, evitar o uso do vehículo privado durante as horas de maior actividade e respectar tanto a sinalización como as indicacións dos axentes.

O dispositivo especial manterase durante as principais xornadas festivas para garantir a seguridade das miles de persoas que se espera que participen nas festas de San Roque.

0.12110304832458