AcorunaXA
O BNG pide abrir ao público a urbanización do polígono de Santo Amaro tras rematar as obras
A formación levará un rogo ao pleno de setembro para reclamar a posta en servizo dos novos espazos e conexións, que continúan pechados pese a estar finalizados
Alternativa Enxebre propón un plan municipal permanente para actuar contra o abandono de parcelas en Arteixo
A formación levará ao próximo pleno unha moción para reforzar a inspección, acelerar os expedientes e recorrer á execución subsidiaria cando sexa necesario
Movemento Sumar Galicia conmemora este mércores na Coruña o Día da Matria Galega cun acto aberto á cidadanía
A formación renderá homenaxe á escritora Luz Pozo Garza nun acto aberto á cidadanía no Circo de Artesáns
A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros lanza unha campaña para captar novas persoas socias
A iniciativa busca reforzar o movemento asociativo e sumar máis veciñanza para impulsar novos proxectos e defender os intereses do barrio.
A SRCD Fillos de Ois organiza unha nova excursión aos Caneiros o 2 de agosto
A sociedade abrirá este 26 de xullo a retirada de invitacións para unha das actividades estivais máis agardadas polos seus socios e beneficiarios
Miguel Lorenzo reclama a retirada da estrutura de formigón do ascensor dos Cantóns
O candidato do PP á Alcaldía critica a reforma dos Cantóns, cuestiona diferentes actuacións executadas durante as obras e asegura que, se chega ao goberno municipal, eliminará a actual saída do elevador
O BNG rompe os acordos co Goberno local da Coruña e acusa o executivo de Inés Rey de incumprilos de forma sistemática
Avia Veira asegura que a formación manterá o apoio ás iniciativas que considere beneficiosas para a cidade, pero dá por finalizados tanto o pacto de investidura como o acordo orzamentario de 2026
Ordes abre as inscricións para a escola municipal de fútbol sala e o campus de pretempada de hóckey
O programa de fútbol sala está dirixido a rapaces nados entre 2008 e 2022, mentres que o campus de hóckey celebrarase entre o 31 de agosto e o 4 de setembro para xogadores ata categoría infantil
O Club de Regatas Perillo recibirá unha axuda de máis de 16.000 euros para organización das Bandeiras Concello de Oleiros de traiñeiras
A achega municipal permitirá ao Club de Regatas Perillo asumir os premios e os gastos vinculados ás probas da Liga Galega que se disputarán este sábado en Perillo
O PSdeG de Curtis celebra o avance do proxecto para mellorar os accesos da N-634 en Sesmonde
Os socialistas consideran que a aprobación provisional do Ministerio permitirá reforzar a seguridade viaria nun tramo moi utilizado pola veciñanza de Teixeiro, Curtis e a contorna
Unha nova novela de misterio ambientada en Betanzos preséntase en Oleiros
O autor bergondés Juan Fariña introduce o seu terceiro libro 'Agosto dezaseis' que afonda nas lendas do Globo e as minas subterráneas da Cidade dos Cabaleiros
Jesús Celemín regresa ao Goberno da Coruña para asumir a área de Infraestruturas
O concelleiro volve á Corporación municipal despois de formar parte do executivo no anterior mandato, no que estivo á fronte de diferentes competencias como Educación, Cultura ou Emprego
Pedro Blanco destaca o centro de reciclaxe de Cortizo en Coirós como exemplo do modelo industrial que impulsa o Goberno
O delegado do Goberno en Galicia subliña os 14,7 millóns de euros de apoio público recibidos pola compañía para proxectos de innovación e sustentabilidade
A Coruña acolle a saída da LIII Regata Rías Altas, unha das probas de vela por etapas máis destacadas do norte de España
A competición, organizada polo Real Club Náutico da Coruña, percorrerá as augas de Viveiro, Cariño e Cedeira entre o 23 e o 26 de xullo
Arteixo convoca o concurso fotográfico que ilustrará o calendario municipal de 2027
A edición deste ano, baixo o lema “Lugares de encontro”, premiará doce imaxes de espazos onde a veciñanza comparte o seu tempo e permanecerá aberta ata o 5 de setembro
Os sindicatos denuncian unha estratexia de presión tras a reclamación económica presentada por Gadis pola folga de San Xoán
CCOO, CIG, UGT e USO concéntranse ante o SMAC da Coruña mentres o acto de conciliación remata sen acordo e o conflito continúa pola vía xudicial
Especialistas de distintos países avanzan na investigación sobre envellecemento celular e metabolismo na quinta edición do CAMS
O simposio internacional, que se celebra ata o 22 de xullo no Campus de Oza, analizará os mecanismos biolóxicos do envellecemento e a súa relación co desenvolvemento de enfermidades asociadas á idade
Os televisores de Carral terán que resintonizarse este mércores polos cambios na TDT
As actuacións no centro de extensión de cobertura de Caserío obrigarán á veciñanza a volver configurar as canles para seguir vendo a programación habitual
Nova entrega de composteiros en Aranga para fomentar a compostaxe doméstica
As persoas participantes poderán recoller un composteiro de balde tras asistir a unha sesión informativa prevista para o 28 de agosto
Decenas de participantes asisten en Vilasantar á celebración do Día da Bicicleta
A ruta percorreu a contorna do municipio cun trazado de oito quilómetros e rematou cun petisco e o sorteo de material deportivo
A tradición mariñeira volveu emocionar a Sada coa multitudinaria procesión do Carme
A imaxe da Virxe percorreu a ría acompañada por numerosas embarcacións nunha das citas máis esperadas das festas
A Coruña abre a votación dos Orzamentos Participativos cun récord de 100 propostas
A veciñanza poderá decidir ata o 31 de agosto o destino de 2,6 millóns de euros entre proxectos para os barrios e para toda a cidade
As novas paradas do autobús urbano no Obelisco comezarán a funcionar este luns
O traslado do servizo permitirá continuar coas obras de remodelación dos Cantóns e da praza de Mina





