Nova entrega de composteiros en Aranga para fomentar a compostaxe doméstica

ACoruñaXa
As persoas participantes poderán recoller un composteiro de balde tras asistir a unha sesión informativa prevista para o 28 de agosto
ARANGA compostaxe
20 Jul 2026

O Concello de Aranga continúa promovendo a compostaxe doméstica cunha nova entrega gratuíta de composteiros dirixida á veciñanza interesada en reciclar os residuos orgánicos xerados nos fogares.

A próxima sesión terá lugar o venres 28 de agosto, ás 19.00 horas, no pavillón do CEIP A Castellana. As persoas asistentes recibirán información sobre o funcionamento da compostaxe doméstica e poderán recoller un composteiro de balde para comezar a transformar os restos orgánicos en abono natural.

Desde o Concello explican que durante as próximas semanas tamén se organizarán novas sesións informativas noutros puntos do municipio para facilitar que máis veciños e veciñas se sumen á iniciativa.

As inscricións poden realizarse a través da plataforma habilitada para a campaña. A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e co financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través dos fondos Next Generation EU.

0.12850594520569