Os televisores de Carral terán que resintonizarse este mércores polos cambios na TDT

ACoruñaXa
As actuacións no centro de extensión de cobertura de Caserío obrigarán á veciñanza a volver configurar as canles para seguir vendo a programación habitual
fallos tdt- televisor-linea
20 Jul 2026

Os veciños de Carral terán que resintonizar os seus televisores este mércores, 22 de xullo, tras as actuacións previstas no centro de extensión de cobertura de Caserío, segundo informou o Concello.

Os traballos enmárcanse no proceso de evolución tecnolóxica da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e teñen como obxectivo adaptar as instalacións aos novos requisitos técnicos do servizo.

Unha vez finalizadas as actuacións, será necesario volver realizar a busca de canles nos televisores para seguir recibindo a programación habitual, un proceso que pode levarse a cabo de forma sinxela desde o menú de configuración da maioría dos aparellos.

Desde o Concello recomendan á veciñanza comprobar a recepción da sinal ao longo da xornada e, no caso de que sexa necesario, efectuar a resintonización para evitar a perda dalgunhas canles.

As persoas que precisen máis información ou teñan dúbidas sobre o proceso poden contactar coa Oficina da Televisión Dixital en Galicia no teléfono 881 866 388.

0.13897895812988