Deputación
ACoruñaXa
A Deputación mobiliza máis de 625.000 euros para reforzar a igualdade desde as asociacións
A institución provincial dá apoio a decenas de entidades sen ánimo de lucro para impulsar proxectos de conciliación, emprego, empoderamento feminino e loita contra as violencias machistas, ademais de mellorar equipamentos e servizos
A ACR Collantres reforza a antiga escola de Queirís cun novo almacén auxiliar
A entidade incorporou unha construción anexa ao galpón exterior do seu local social, na Antiga Escola de Queirís, nunha actuación subvencionada pola Deputación da Coruña
ACoruñaXa
Máis fondos para reforzar a atención social nos concellos da provincia
A Deputación da Coruña eleva ata os 8 millóns de euros o POS+Social 2026, un millón máis ca o ano pasado, para ampliar servizos como a axuda no fogar, a conciliación ou a atención a persoas vulnerables
AGA-Ucraína recoñece á Deputación da Coruña polo seu apoio humanitario desde o inicio da guerra
A entidade destaca a colaboración da institución provincial no equipamento médico do centro de sangue de Odesa, no envío de ambulancias e na acollida de persoas refuxiadas
GaliciaXa
A Deputación de A Coruña eleva a presión sobre a Xunta pola futura lei local e reclama volver atrás na súa tramitación
O pleno provincial pide abrir un proceso real de diálogo cos concellos sobre unha norma chamada a redefinir competencias, financiamento e relacións entre municipios, deputacións e Xunta
O fondo antigo da Casa Consulado reforza o seu pulso cultural co apoio da Deputación
Natividade González visitou a biblioteca coruñesa, unha das beneficiarias do programa FO215, co que a institución provincial repartirá este ano 646.541,88 euros entre 50 fundacións, museos, bibliotecas e entidades culturais
A Deputación arroupa ao Liceo tras a súa undécima Copa do Rei e mira xa cara á OK Liga
O presidente provincial, Valentín González Formoso, recibiu ao conxunto coruñés tras o triunfo por 1-4 ante o Calafell en Sant Sadurní d’Anoia e puxo o foco na opción de pechar a tempada cun dobrete, nun momento no que os verdes lideran a OK Liga
ACoruñaXa
A Deputación apura o prazo para anotarse no ‘Quero Cantar 2026’
O certame de música infantil e xuvenil pecha a recepción de propostas o 25 de marzo ás 14.00 horas e ofrece gravación profesional e premios de entre 500 e 1.500 euros
O Teatro Colón converte hoxe o deporte coruñés no gran protagonista
A IV Gala dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña celébrase este venres 20 de marzo ás 20.00 horas e reunirá na cidade a deportistas, clubs, adestradores, árbitros e entidades de toda a provincia
A Deputación reivindica o Circo de Artesáns como símbolo da vida cultural e cívica coruñesa
Avia Veira participou no acto polo 179.º aniversario da entidade e destacou tamén a figura do cirurxián Diego González Rivas como exemplo de proxección internacional sen perder o vínculo coa terra
ACoruñaXa
Aberto o prazo para optar a 48 bolsas de investigación e formación artística na provincia
A Deputación da Coruña destina 480.000 euros a unha nova convocatoria de axudas de 10.000 euros cada unha para o curso 2026-2027
ACoruñaXa
Medio millón de euros para blindar a atención sociosanitaria de 28 entidades da provincia
A Deputación da Coruña financia programas de psicoloxía, fisioterapia e apoio social que sosteñen asociacións de pacientes e familiares de enfermidades crónicas, raras e neurodexenerativas
Un proxecto sobre a ditadura e a misoxinia do franquismo leva a igualdade ás aulas da provincia
Sol Agra destacou na Coruña o valor educativo de 'A ditadura é un señor con bigote', de Montse Fajardo, unha das propostas gañadoras do Premio 'Luísa Villalta' 2025 pola súa capacidade para fomentar pensamento crítico entre a mocidade
ACoruñaXa
Máis respaldo provincial para as protectoras de animais
A Deputación da Coruña impulsa unha nova convocatoria de axudas para apoiar o labor das entidades que atenden animais abandonados, cunha liña para actividades e outra para investimentos nas instalacións e no equipamento
A Deputación renova o seu apoio a Culturgal cunha achega de 48.000 euros
A institución provincial formalizou un convenio coa Asociación Culturgal para colaborar no financiamento da edición de 2025 da feira, que pechou a súa última convocatoria con máis de 16.000 asistentes
ACoruñaXa
A memoria democrática suma 150.000 euros para retirar simboloxía franquista dos concellos pequenos
A Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña lanza unha liña de axudas de até 10.000 euros para eliminar elementos de exaltación da ditadura e promover actos de reparación ás vítimas
Un novo programa mobiliza 280.000 euros para impulsar o emprendemento na provincia
A Deputación da Coruña e a CEC poñen en marcha 'Impulsa Coruña', unha iniciativa que chegará a nove comarcas con formación, mentorización e apoio ao financiamento para persoas emprendedoras, pemes e autónomos
A Deputación achega 300.000 euros para o novo centro de rehabilitación de dano cerebral de Adaceco na Coruña
O futuro edificio, que se construirá nunha parcela cedida polo Concello entre as rúas Solís e Eirís de Arriba, permitirá atender arredor de 40 persoas
Referentes do deporte debaten no INEF de Bastiagueiro como pechar a fenda de xénero
A Deputación da Coruña celebrou a III Xornada sobre a Brecha de Xénero no Deporte, no marco do 8M, cun taller científico e unha mesa redonda sobre visibilidade, oportunidades e acceso a cargos de responsabilidade
A Deputación rende homenaxe ao Hockey Marineda polo seu primeiro gran título
O deputado de Deportes, Antonio Leira, recibiu no Pazo Provincial ás campioas da Copa da Princesa feminina, conquistada tras unha final moi igualada



