Novas de Sada
A ampliación da depuradora dá un novo paso en Sada coa recepción da primeira fase
O Concello incorpora a primeira parte dunha obra de máis de 12 millóns de euros que permitirá tratar máis augas residuais e reducir problemas en episodios de choiva intensa
Meirás entra nunha nova fase coa cesión a Galicia sobre a mesa
O Estado remite o futuro do pazo a unha comisión con Xunta, Deputación e concellos de Sada e A Coruña, mentres seguen pendentes a reapertura plena, os usos públicos e a indemnización aos Franco
A previsión de choiva deixa sen concertos de rúa o Touliña Pop Festival en Sada
O Concello cancela as actuacións previstas no Porto e na praia, pero mantén a programación nocturna na praza Irmáns Suárez Picallo
A ximnasia artística sadense brilla cunha ampla colleita de medallas na Liga Escolar
O Club Ximnasia Sada destacou na II Fase disputada no pavillón municipal con podios individuais e por equipos
Dous ouros, dúas pratas e dous bronces impulsan ao taekwondo sadense en Londres
O Club Taekwondo Sada-Alda Hotels brillou na President Cup cunha destacada actuación no Lee Valley londiniense
A recuperación do Río Maior centrará o esforzo inversor do novo orzamento de Sada
O Goberno local reserva preto de 500.000 euros para avanzar nun proxecto estratéxico e incorpora tamén melloras en saneamento, abastecemento, vías públicas e emerxencias
O Club de Xadrez Smyslov, en Sada, celebra un brillante ascenso na Liga Autonómica
O equipo sadense, formado maioritariamente por alumnado, superou as expectativas tras unha última xornada decisiva ante Betanzos
A cultura, os colexios e o deporte gañan peso no novo orzamento municipal de Sada
O Goberno de Sada inclúe investimentos para rehabilitar a Capela de San Roque, avanzar na ampliación do CEIP Sada e Contornos e mellorar instalacións deportivas e educativas
A danza chega á Casa da Cultura de Sada cunha proposta que une movemento e poesía
O ciclo da Deputación da Coruña polo Día Internacional da Danza fará parada este martes 28 de abril ás 12.30 horas coa iniciativa ‘Facermos do corpo un poema’
Un orzamento de case 17 millóns busca reforzar os servizos públicos e os investimentos en Sada
O Goberno local levará ao pleno unhas contas con máis de 2,5 millóns para actuacións no territorio e máis de 3 millóns destinados a políticas sociais
Acesada renova a súa directiva e abre unha nova etapa de apoio ao comercio local de Sada
A asociación de comerciantes e empresarios de Sada mantén a Irene Ventura na presidencia e propón colaborar na sinalización provisional de beirarrúas deterioradas para mellorar a seguridade e a imaxe urbana
O Consorcio As Mariñas avanza na licitación do novo servizo de recollida de lixo ao definir a estrutura de custos
A tramitación entra nunha fase clave coa exposición pública da estrutura económica do futuro servizo, paso previo á saída do contrato a concurso
Novo paso para abrir o río Maior tras desbloquearse a cesión de dúas estradas provinciais
A Deputación da Coruña levará a pleno en maio o convenio co Concello de Sada para formalizar o traspaso das vías e financiar as melloras necesarias no ámbito
A 'Costa Ártabra' deixa podios e postos de cabeza para atletas de Oleiros, Sada e Arteixo
A cuarta edición do 10K solidario entre Oleiros e A Coruña reuniu 1.660 chegadas e deixou un balance destacado para o Global Sport Club de Santa Cruz, o Club Atletismo Sada e o Acea de Ama Tri Arteixo
Segue sen desbloquearse o bus directo á Universidade para o norte da área coruñesa
A Xunta mantén en estudo a conexión entre Perillo e o campus e non fixa prazos, polo que estudantes e usuarios de Oleiros e da contorna continúan sen unha ligazón directa coa Universidade
Unha ofrenda floral reivindica en Sada o legado da II República e a memoria das vítimas do franquismo
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo promoveu o acto de homenaxe no memorial do paseo marítimo, coa participación do alcalde Benito Portela e representación institucional
Lotus BJJ e Narcisio Villaça Team repártense os títulos nunha Copa de Galicia de Brazilian Jiu-Jitsu con presenza coruñesa no podio
A cita celebrada no pavillón sadense reuniu máis de 500 deportistas e deixou tamén resultados destacados para clubs da Coruña, con ouros, pratas e bronces en varias categorías
O pulso emprendedor gaña forza na contorna coruñesa
Arteixo, Oleiros e Culleredo sitúanse entre os concellos con mellor comportamento no arranque do ano, nun mapa empresarial que tamén deixa novos movementos en outros concellos das mariñas
Un grave incendio arrasa a sede de Trison no polígono Espírito Santo
O lume declarouse arredor da 1.15 horas, provocou o colapso parcial da cuberta e obrigou a desaloxar oito persoas do hotel Venus, sen que se rexistrasen danos persoais
Elas Son Artistas celebrará na Coruña a súa novena edición con dez eventos e unha destacada presenza internacional
O ciclo desenvolverase nos vindeiros meses en salas de concertos e espazos municipais da cidade, con actuacións, obradoiros, exposicións e propostas arredor da igualdade
Sada prepárase para recibir unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado
O certame celebrarase do 11 ao 26 de abril no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns e incluirá unha nova edición dos Premios Lugrís Freire
Últimos días para solicitar praza na escola infantil municipal Flora Ramos
As familias de Sada poderán tramitar ata o 10 de abril tanto as novas solicitudes de ingreso como as renovacións para o curso 2026-2027
A Casa da Cultura recupera o universo pictórico de Eduardo Fernández Rivas
Sada dedica ata o 30 de abril unha gran mostra ao artista e exiptólogo local, con arredor de 80 obras reproducidas en lenzo para reivindicar unha traxectoria internacional que chegou a cidades como Nova York ou Boloña
O debate laboral irrompe na ampliación dos horarios da hostalaría por Semana Santa
CCOO critica que A Coruña, Sada e Betanzos avalen prórrogas de ata dúas horas sen contar co persoal, mentres a patronal defende o impacto da medida no emprego e no turismo




