Novas de Sada
O espazo multiusos anunciado en 2021 segue sen abrir en Sada
A 'nave espacial' anunciada polo Concello de Sada en 2021 foi acondicionado e dotado con novo material, pero a documentación municipal consultada non concreta unha apertura pública formal nin o motivo da demora
Máis de dez millóns para mellorar firmes chegan a once concellos da contorna coruñesa
O plan inclúe actuacións xa en marcha e novas licitacións para mellorar a seguridade viaria e o estado das estradas autonómicas
O Club Atletismo Sada confirma o seu gran momento con prata estatal e unha choiva de medallas en Ourense
O subcampionato de España Sub18 de Hugo Zuluaga súmase aos destacados resultados do equipo Sub14 no Campionato Xunta de Galicia celebrado en Expourense
A Xunta activa un plan de 3,5 millóns para renovar estradas en sete concellos coruñeses
O contrato inclúe actuacións en vías autonómicas de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras, con obras previstas sobre máis de 28,6 quilómetros
Unha camiseta para achegar a Corea o soño mundialista do Taekwondo Sada
O club sadense lanzou unha edición especial por 15 euros para axudar a financiar a viaxe de dez deportistas ao Campionato do Mundo de 2026
A Casa da Cultura de Sada abre o pano para 'Berenguela na gaiola'
A concellería de Cultura levará ao auditorio municipal o sábado 14 de marzo de 2026, ás 19.00 horas, unha función familiar con entrada libre e cunha duración aproximada de 50 minutos
O Supremo blinda o carácter público do Pazo de Meirás e abre a porta a indemnizar os Franco
A sentenza unánime ratifica que As Torres de Meirás estiveron ao servizo da xefatura do Estado, pecha a vía da usucapión e deixa a compensación para a execución do fallo, nun momento no que o recinto xa funciona en Sada como espazo visitable e de memoria
O Concello de Sada detalla en Meirás a súa ofensiva contra o proxecto de baterías
O goberno local explicou á veciñanza as alegacións presentadas contra as instalacións Heliades Sada 1 e 2, en tramitación ambiental ante a Xunta, e reiterou o seu rexeitamento á localización elixida para o sistema de almacenaxe eléctrica
ASPACE achega ao Concello propostas para facer de Sada un municipio máis accesible
Os usuarios e usuarias do centro presentaron un estudo elaborado ao longo de dous anos con medidas para mellorar o espazo público, a mobilidade peonil e a eliminación de barreiras arquitectónicas
A cultura e a reivindicación arroupan en Sada a celebración dun multitudinario 8M
A Casa da Cultura reuniu a numerosas veciñas e veciños nun acto institucional no que tamén participaron Sadanza, a Escola de Danza Carmen López e a A.C.D. A Meda
O CEIS As Mariñas reforza o seu papel como referencia ética nos servizos sociais coa Memoria 2025
O documento recolle un ano de formación, traballo interdisciplinar e presenza en foros estatais, ademais da creación dun grupo de proximidade orientado ao Servizo de Axuda no Fogar
Catas e retirada parcial de cachotaría na Capela de San Roque para afondar nas causas das fendas
O Concello de Sada iniciou esta semana uns traballos previos, autorizados por Patrimonio e con seguimento arqueolóxico, para axudar a definir o proxecto de rehabilitación do edificio
A nova norma da piscina municipal provoca queixas e obriga o goberno local a buscar unha saída en Sada
A esixencia de que os menores de 14 anos estean acompañados por unha persoa adulta en toda a instalación, incluídos os vestiarios, foi impulsada pola oposición no pleno e está a alterar a rutina dun servizo con máis de 800 persoas abonadas
Autocoidado e xestión emocional, claves dun novo obradoiro para mulleres dentro do 8M
O Concello de Sada programa sesións semanais do 11 de marzo ao 17 de xuño, de 10.00 a 12.00 horas, no Centro de Servizos Sociais da rúa A Lagoa
Club Taekwondo Sada: 'Entrar nunha final mundial e estar entre os oito mellores do mundo sería obxectivo cumprido'
Nacido en 1999 por iniciativa dun grupo de pais, o club chegou ás 360 licenzas en 2025, traballa as catro modalidades do taekwondo e afronta o seu gran reto internacional tras lograr catro clasificacións e reunir dez deportistas para o Campionato do Mundo
Mar deixa aberta a porta a reactivar o libre marisqueo na ría de Ares-Betanzos se o avalan as mostraxes
A Xunta reuniuse coas confrarías para analizar a petición do sector, con especial atención á zona de Sada, e condiciona calquera decisión aos resultados técnicos tras as últimas choivas
Mariñán entra no radar da Xunta como itinerario cultural a potenciar nas Mariñas
A ruta histórica que une Sada, Bergondo e Betanzos figura entre os primeiros percorridos chamados a acadar a categoría autonómica de ‘itinerario cultural de interese’, unha nova figura pensada para poñer en valor camiños con peso patrimonial aínda que non sexan Camiño de Santiago
Unha charla reivindica as embarcacións tradicionais como ‘laboratorios’ para mirar o Golfo Ártabro
ADEGA e Os Patexeiros organizan en La Sociedad (Sada) a sesión ‘Madeira, sal e biodiversidade’, o venres 27 de febreiro ás 20.00 horas, coa colaboración do Concello de Sada e Culturmar
Catro ouros en Sevilla abren o camiño do Taekwondo Sada ao Mundial de Corea do Sur
O club sadense volveu do Campionato de España por seleccións con catro títulos e asegurou praza en catro probas para o Mundial de poomsae, freestyle e adaptado, previsto en Chuncheon do 16 ao 20 de setembro




