Patinaxe, xogos e actividades no campus de verán que abre inscrición en Sada

ACoruñaXa
O Club Sada Patín celebrará a proposta durante o mes de xullo, de luns a venres e en horario de 9.00 a 14.00 horas
SADA campus veran sadapatin
4 May 2026

O Club Sada Patín xa ten aberto o prazo de inscrición para o seu Campus de Verán 2026, unha proposta pensada para que a rapazada goce durante o mes de xullo dunha programación con actividades variadas, xogos e, como eixo principal, patinaxe. A actividade desenvolverase de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A entidade repite así a experiencia do ano pasado e anima a participar a menores con calquera nivel de patinaxe, xa que non é necesario contar con experiencia previa. As persoas inscritas deberán levar patíns, casco e proteccións, como xeonlleiras e codeiras, ademais de ganas de aprender e pasar unha boa mañá de verán.

O campus combina a práctica deportiva cun enfoque lúdico, co obxectivo de fomentar a actividade física, a convivencia e o contacto coa patinaxe nun ambiente seguro e divertido. Desde o club destacan que a programación incluirá propostas diversas ao longo das mañás, mantendo o patinaxe como unha das actividades centrais.

As familias interesadas xa poden formalizar a inscrición a través da ficha facilitada polo Club Sada Patín. Para resolver dúbidas ou ampliar información, a entidade pon á disposición das persoas interesadas o correo electrónico sadapatin@sadapatin.com.

0.11819100379944