Novas de Sada
O proxecto para renaturalizar o río Maior en Sada retrasa os pagos municipais ata 2027
O pleno aproba por unanimidade adaptar o convenio con Augas de Galicia, que permitirá executar unha actuación destinada a reducir o risco de inundacións
Un mercado con sabor mariñeiro abrirá as Festas do Carme en Sada
A cita reunirá artesanía os días 18 e 19 de xullo no paseo marítimo, con espazo para arredor de 30 postos
A Xunta activa a alerta vermella por calor en 13 concellos da comarca de A Coruña
As altas temperaturas obrigan a suspender a actividade deportiva ao aire libre nas horas centrais do día mentres Sanidade pide extremar as precaucións
O CHUAC pide prudencia en San Xoán ante o aumento de queimaduras durante a noite das fogueiras
A Unidade de Queimados lembra que moitos accidentes están ligados a imprudencias e ao consumo de alcohol, e advirte de que algunhas lesións poden deixar secuelas de por vida
O Castro quenta motores para a III Foliada A Meda cunha xornada de música, gastronomía e artesanía
A cita celebrarase o 27 de xuño en Sada cunha sardiñada popular, actuacións musicais, mostra artesanal e sorteos durante toda a xornada
Sada dá luz verde definitiva a un orzamento de case 17 millóns para impulsar servizos e investimentos en 2026
O Pleno aproba as contas municipais tras resolver as alegacións presentadas, cun acordo que mantén a abstención de PP e BNG e permite ao Concello afrontar os retos do exercicio con plena capacidade operativa
O fútbol praia gaña protagonismo en Sada coa creación de dous novos campos nas Delicias
O Concello reforza a oferta deportiva ao aire libre coa instalación de dúas porterías dobres no areal, unha actuación orientada especialmente á mocidade durante os meses de verán
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
A renovación das beirarrúas entre Gandarío e Sada arranca cun investimento de medio millón
O Concello de Bergondo executa unha reforma integral na AC-162 para mellorar a seguridade viaria, o saneamento, o abastecemento e a iluminación pública
Meirás volve á mesa institucional co apoio da Xunta á chamada de Sada
A Consellería de Cultura traslada ao Concello a súa vontade de participar na definición dun plan de usos plural, mentres o Goberno central segue pendente de responder á petición para reactivar o diálogo sobre o futuro das Torres.
Un obradoiro de emprego formará vinte persoas en construción e labores forestais
A iniciativa 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde V' desenvolverase durante nove meses nos concellos de Paderne, Abegondo, Bergondo, Carral, Oza Cesuras e Sada
Sada pecha 2025 cun superávit de 3,9 millóns de euros
A liquidación municipal deixa un remanente de tesourería de 9,86 millóns e unha débeda viva do 5,77%
O Pazo de Meirás acollerá dúas xornadas sobre memoria, tradición e futuro
O Día de Meirás reunirá os días 6 e 7 de xuño escolas, veciñanza, investigadores, entidades culturais e administracións arredor dun espazo clave para a memoria democrática galega
A Feira Modernista presenta tres noites de jazz, swing e sons de Nova Orleans no Paseo Marítimo
A programación musical de Sada 2026 desenvolverase do 31 de xullo ao 2 de agosto con Mery Lafuente, Manu Gómez New Orleans Band, Hot Chocolates, St. James Dixie Band e Marian Ledesma
O boxeo toma o Pavillón Municipal de Sada cunha velada este sábado
A cita, organizada polo Club Boxing Sada, celebrarase o 30 de maio a partir das 19.30 horas e reunirá púxiles locais no cuadrilátero
A música tomará Sada este verán con máis de vinte actuacións fronte ao mar
O programa 'Sada Verán 2026' pecha o seu cartel con Los Satélites, Aissa, Hechizo, Los Platinos e St. James Dixie Band entre as últimas confirmacións
Un novo pantalán reforza a aposta náutica e deportiva no litoral sadense
O Club Náutico de Sada inaugurou a infraestrutura, pensada para impulsar o remo, facilitar os adestramentos e abrir máis espazo ao deporte inclusivo
O Consorcio das Mariñas vixilará os vertidos xunto ós contenedores
O ente supramunicipal reforzará o control coa Brigada Cívica e a Policía Local tras detectar un aumento do abandono de residuos voluminosos na vía pública
Un bronce de Oriana Fidalgo impulsa ás EDM Curtis no Provincial de atletismo
A atleta asinou o terceiro posto en peso sub12, mentres Noa Carro, Nicoll Carro, Roi Freire e o relevo mixto tamén completaron unha boa participación en Santiago
O Curruncho estrea novas instalacións para practicar deporte na praia en Sada
O Concello instalou porterías de fútbol praia e unha rede de vólei praia para ampliar os espazos de lecer de cara ao verán
Unha avaría eléctrica deixou sen subministración parte de Veigue durante os traballos de desbroce
A incidencia afectou principalmente ao lugar de Cirro e puido estenderse a puntos próximos de San Pedro e A Valexa
Activada a busca dunha muller de 50 anos desaparecida en Sada
O Concello pide colaboración cidadá para localizar a Irene María Mosquera, de 50 anos, e solicita que calquera pista se comunique á Policía Local, á Garda Civil ou a Emerxencias
A xestión do Pazo de Meirás volve á axenda institucional
O Concello de Sada pide reactivar a comisión creada en 2021 para definir os usos futuros do inmoble desde o consenso, a memoria democrática e a cooperación entre administracións
O Sada CF celebra o ascenso do Cadete A como campión de liga
O equipo sadense pecha unha tempada de forte crecemento no fútbol base e confirma o ascenso tras proclamarse campión da Primeira Futgal cadete




