A televisión cambiará este mércores en Sada e algúns fogares terán que resintonizar

ACoruñaXa
Os traballos técnicos no centro emisor da localidade forman parte da modernización da TDT en Galicia e poderían obrigar a realizar unha nova procura de canles
fallos tdt- televisor-linea
14 Sep 2026

4Os televisores de parte de Sada poderían deixar de mostrar algúns canles a partir deste mércores, 16 de setembro. Ese día realizaranse traballos técnicos no centro emisor de TDT do municipio dentro do proceso de modernización da televisión dixital que está a desenvolver a Xunta de Galicia.

A actuación suporá a modificación de parte do sinal que actualmente chega aos fogares a través deste centro emisor. Algúns canles deixarán de estar dispoñibles temporalmente, mentres que se incorporarán outros que ata agora non chegaban a determinadas zonas de Sada.

O cambio afectará principalmente ás vivendas que reciben o sinal do centro emisor de Sada, tanto no núcleo urbano como en zonas próximas. Tamén pode afectar a fogares de Sada de Arriba, A Granxa, Quintán e Serra.

Que terán que facer os veciños?

En principio, aquelas persoas que deixen de recibir algún dos canles despois dos traballos unicamente terán que realizar unha nova busca no televisor ou no descodificador. Para iso deberán acceder ao menú do aparello e seleccionar a opción de 'resintonizar' ou 'buscar canles'.

No caso das comunidades de veciños, a modificación podería requirir ademais unha revisión da instalación colectiva de antena se a recepción non se recupera correctamente.

Pero os cambios non rematarán este mércores. A reorganización definitiva da TDT está prevista para o 5 de novembro, data na que podería ser necesario volver realizar unha resintonización.

Para resolver dúbidas ou comunicar posibles problemas relacionados coa recepción do sinal, habilitouse o teléfono 881 866 388.

0.15415906906128