A conta atrás para o Touliñapop xa soa en Sada

Sada encara a recta final para unha nova edición do Touliñapop Festival, que se celebrará o sábado 9 de maio no Paseo Marítimo cunha programación de entrada libre e actividades ao longo de toda a xornada. A cita volverá converter a vila nun punto de encontro para os amantes do rock, o garage, o punk e os sons máis enérxicos.
O festival arrincará ás 13.30 horas no Porto de Sada cunha sesión vermú a cargo de Bee Dee Kay Drives The UFOzzz. A música continuará pola tarde con sesións de DJ e concertos en distintos espazos da vila, entre eles a praia e a contorna da Praza e do Paseo Marítimo.
Entre os nomes destacados desta edición figuran The Fuzillis, Brad Marino, The Jackets, The Lords of Altamont e Nashville Pussy, que serán parte dunha programación pensada para manter o ambiente durante todo o día. Entre bandas, Suzie Staysick & Phil Speto encargaránse de poñer música e reforzar o espírito festivo do encontro.
A xornada rematará de madrugada cun guateque de peche a partir das 02.00 horas, no que participarán Diego Thee Blind Crows, El Tigre de Malasia, Ángel Snap, Jokin Misterklin e Juancho Discos Lizard, ademais doutras sorpresas.
Co Touliñapop, Sada volverá apostar por unha cita musical aberta, participativa e vinculada á rúa, na que a música serve tamén como reclamo para dinamizar a hostalaría, o paseo marítimo e a vida cultural da vila.