Música, obradoiros e tradición para celebrar as Letras Galegas en Sada

ACoruñaXa
A Concellería de Cultura organiza unha programación especial os días 16 e 17 de maio, con actividades infantís, un concerto da Banda Municipal e un festival de música tradicional
SADA programación letras galegas 2026
7 May 2026

Sada celebrará o Día das Letras Galegas 2026 cunha programación cultural pensada para públicos diversos e dedicada á figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nesta edición. As actividades desenvolveranse durante a fin de semana do 16 e 17 de maio, con propostas na Casa da Cultura e na Praza Irmáns Suárez Picallo.

A primeira cita será o sábado 16 de maio ás 12.30 horas na Casa da Cultura co obradoiro musical 'Letras Galegas Pequeniñas', unha proposta especial sobre Begoña Caamaño dirixida ao público infantil a partir de tres anos. A actividade, conducida pola artista Sheila Patricia, combinará narración e música para achegar a figura da escritora ás crianzas dun xeito participativo e accesible. A duración prevista é de arredor dunha hora.

A programación continuará ese mesmo sábado ás 19.30 horas, tamén na Casa da Cultura, co concerto da Banda Municipal polo Día das Letras Galegas. A formación presentará o espectáculo 'Homenaxe á Verbena en Galego', coa participación do cantante Alberto Dopico. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

O domingo 17 de maio, día grande das Letras Galegas, a actividade trasladarase á Praza Irmáns Suárez Picallo, onde ás 17.00 horas terá lugar un festival de música tradicional. Nel participarán as agrupacións Nova Troula, Queiroa e A Meda do Castro. Como peche da festa actuará Bouba, formación de pandereteiras que porá o remate musical á xornada.

En caso de tempo desfavorable, a actividade prevista para o domingo tras

0.11630392074585