Unha colleita de podios confirma o gran momento do Clube Ximnasia Sada

ACoruñaXa
A entidade sadense asinou numerosos postos de honra na Final da Liga Escolar e no Campionato Galego Base e Vía Olímpica de ximnasia artística
SADA ximnasia sada
10 Jun 2026

O Clube Ximnasia Sada completou unha destacada actuación na Final da Liga Escolar e no Campionato Galego Base e Vía Olímpica de ximnasia artística, disputados esta fin de semana no pavillón de Sada. A entidade confirmou o seu bo nivel competitivo cunha ampla representación nos postos de honra e con resultados salientables tanto nas probas individuais como nas clasificacións xerais.

Entre os nomes propios da competición estivo Lucas López Presa, que asinou unha actuación sobresaliente ao conseguir a primeira posición en chan, potro con arcos, salto e paralelas, ademais de proclamarse primeiro na clasificación xeral.

Tamén brillou Manuel Portela Morán, segundo en chan, primeiro en salto, segundo en potro con arcos, terceiro en paralelas e segundo na xeral. Jordan Salcedo Pérez sumou tres terceiros postos, en chan, potro con arcos e na clasificación xeral.

Na categoría feminina, Pamela Martínez Merchán logrou a segunda posición en paralelas, mentres que Irene Hernández Míguez foi primeira en chan. Sara Pousada García acadou o segundo posto en barra e Sofía Dans Gherman terminou terceira en chan.

Outra das actuacións destacadas foi a de Soriangel Georgina Guzmán Vieira, que conseguiu a segunda posición en chan e en barra, ademais de rematar segunda na clasificación xeral.

Os resultados reforzan o traballo que vén realizando o Clube Ximnasia Sada coa súa base e consolidan a entidade como unha das referencias da ximnasia artística galega nas categorías escolares e de promoción.

0.13212609291077