O Castro quenta motores para a III Foliada A Meda cunha xornada de música, gastronomía e artesanía

ACoruñaXa
A cita celebrarase o 27 de xuño en Sada cunha sardiñada popular, actuacións musicais, mostra artesanal e sorteos durante toda a xornada
SADA iii foliada a meda
20 Jun 2026

A parroquia sadense de O Castro converterase o vindeiro sábado 27 de xuño nun punto de encontro para a música tradicional galega coa celebración da III Foliada A Meda, unha cita que cada ano reúne a veciñanza e aos afeccionados ao folclore nun ambiente festivo e familiar.

O evento está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva A Meda, coa colaboración do Concello de Sada e da Deputación da Coruña, e desenvolverase na carpa instalada na pista polideportiva de O Castro.

A programación arrancará ás 13.00 horas cunha sesión vermú que dará paso, ás 14.00 horas, a unha sardiñada popular. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, haberá animación musical para manter o ambiente festivo ata a celebración da foliada, prevista para as 19.30 horas.

Ademais da música e da gastronomía, a organización programou unha mostra de artesanía durante toda a xornada, na que os asistentes poderán coñecer e adquirir produtos elaborados por artesáns. O programa complétase con diversos sorteos que se desenvolverán ao longo do día.

A Foliada A Meda consolídase así como unha das citas culturais e tradicionais do inicio do verán en Sada, apostando pola promoción da música popular galega e pola convivencia entre veciños e visitantes nunha celebración aberta a todos os públicos.

0.12108993530273