Novas de Oleiros
Máis de cen persoas participan na primeira ruta de sendeirismo do programa “Ven e descubre” en Oleiros
A iniciativa percorreu espazos naturais e patrimoniais de Iñás e Nós, combinando actividade física, memoria colectiva e coñecemento do territorio
Martín Pallín enche o Teatro das Torres cunha análise crítica da xustiza española
O maxistrado presentou en Oleiros o seu libro 'Visto para sentencia. Jueces e ideología en la Justicia española' nun acto que abordou a relación entre poder xudicial, política e dereitos democráticos
Novos carteis denuncian o estado das estradas autonómicas en Oleiros
O Concello reclama á Xunta beirarrúas continuas e accesibles na avenida República Uruguai e anuncia máis accións nos vindeiros días
A expectación leva ás Torres de Santa Cruz a presentación do novo libro de Martín Pallín
O xurista galego presentará este xoves, 28 de maio, ás 19.00 horas, 'Visto para sentencia. Jueces e ideología en la Justicia española', nun acto de acceso libre
O club Rabadeira brilla no Campionato de España con tres ouros e dúas pratas
Raúl Couto e Manuel Taibo proclamáronse campións estatais, mentres Sebastian Luna tamén subiu ao podio nunha fin de semana de gran nivel para o equipo oleirense
O PSdeG pide máis prazas públicas de centros de día para Oleiros
Silvia Longueira reclama á Xunta que amplíe a oferta asistencial nun concello con só 60 prazas públicas e, segundo denuncia, 15 persoas en lista de espera
Os socialistas de Oleiros elevan a presión sobre Alternativa polo custo do goberno local e o bloqueo de mocións sobre transporte
O PSdeG acusa o executivo municipal de non aclarar no pleno extraordinario o gasto en concelleiros e asesores, que cifra en 78.000 euros mensuais, e de impedir despois o debate de dúas propostas sobre mobilidade
A realidade virtual mergulla a máis de 500 escolares no medio mariño galego
A Deputación da Coruña pechou o programa ambiental 'Un mar de cambios', desenvolvido en dez centros educativos da provincia con alumnado de 3º a 6º de primaria
Reproches, descualificacións e ameazas de expulsión elevan a tensión no pleno de Oleiros
A sesión extraordinaria, solicitada pola oposición tras a suspensión do pleno ordinario de abril, derivou nun duro cruzamento de acusacións entre o goberno local e os grupos municipais
Grandes carteis denunciarán o abandono das estradas autonómicas en Oleiros
O Concello inicia unha campaña pública para reclamar á Xunta beirarrúas, carrís bici e máis seguridade nas vías da súa titularidade
Unha estudante de Oleiros gaña o Vila de Pontedeume co relato 'Heroína'
Malena Castiñeira Franesqui, alumna de 2.º de Bacharelato, impúxose na 36.ª edición dun certame dirixido á mocidade e dotado con 600 euros
A Festa da Lingua enche As Torres de Oleiros dunha xornada de música, teatro, xogos e maxia
O Concello organiza este sábado en Santa Cruz unha programación familiar con propostas para bebés, crianzas e público de todas as idades
O PP de Oleiros acusa a García Seoane de aplicar un dobre criterio coas cesións viarias
Os populares comparan a aceptación dos accesos a Santa Cristina coa negativa a asumir un tramo en O Couto para mellorar a seguridade viaria
Froita e leite para fomentar hábitos saudables nas escolas
Dezaoito centros da área metropolitana da Coruña participan este curso no programa da Xunta, que repartirá 26.875 quilos de froita e 79.958 litros de leite
Unha ruta organizada por Oleiros percorrerá a Serra da Enciña da Lastra o 23 de maio
A actividade, dentro do programa 'Andares por Galicia', contará con 40 prazas para persoas adultas e un itinerario de 12,5 quilómetros por este parque natural de Ourense
Begoña Caamaño protagoniza en Oleiros unha función teatral polo Día das Letras Galegas
A compañía Berrobambán representará o sábado 9 de maio en Perillo a obra 'Begoña Caamaño: o transgredir das ondas', con entrada gratuíta
Un documental rescata a memoria dos lavadoiros como espazos de traballo e encontro
A curtametraxe 'Lavadoiro', de Ana Amado e filmada por Lois Patiño, proxectarase o martes 12 de maio nas Torres de Santa Cruz, con coloquio posterior aberto ao público
O futuro do CEIDA chega ao Parlamento tras meses de incerteza sobre a súa xestión
O BNG pide garantías para o centro ambiental de Santa Cruz, marcado polos atrasos nas nóminas, a renovación pendente da dirección e as dúbidas sobre o seu financiamento
Cinco probas converterán Oleiros nun punto de encontro para a orientación galega
Gallaecia Raid, Ártabros e Liceo colaboran na organización dun mes dedicado a este deporte, con citas o 9 e o 30 de maio na contorna de Bastiagueiro
A banda municipal de Oleiros aspira a un dos Premios Martín Códax da Música
A formación da Escola Municipal foi elixida finalista na categoría de Bandas de Música Popular entre máis de 400 candidaturas de toda Galicia



