Oleiros instalará un Punto Violeta durante a celebración das festas de Santa Ana en Mera

ACoruñaXa
O dispositivo funcionará na noite deste domingo para ofrecer atención, apoio e labores de sensibilización fronte ás violencias machistas, a LGTBIfobia e outras agresións
festas-santa-ana-mera
26 Jul 2026

O Concello de Oleiros instalará un Punto Violeta durante as festas de Santa Ana en Mera co obxectivo de reforzar a prevención e a resposta ante posibles casos de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra forma de violencia machista. O servizo estará operativo na noite deste domingo entre as 23.00 e as 03.00 horas.

Segundo explica o Concello, esta iniciativa dá continuidade ao traballo que se vén desenvolvendo neste tipo de celebracións para ofrecer un espazo de referencia á cidadanía e actuar de forma activa na prevención destas situacións.

O Punto Violeta contará cun equipo especializado de profesionais que prestará atención e apoio psicolóxico ás persoas que o precisen. Ademais, funcionará seguindo un protocolo de actuación coordinado coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios para dar resposta ante posibles incidencias.

O espazo tamén terá unha función informativa e de sensibilización. As persoas que se acheguen poderán acceder a material divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles nesta materia, ademais de participar en accións de concienciación adaptadas a diferentes idades.

0.12424612045288