Novas de Oleiros
Cubos para conter as goteiras e problemas nas instalacións: o Concello de Oleiros alerta do estado da residencia de maiores
O Goberno local asegura que traballadores do centro trasladaron esta semana as súas queixas e reclama á Xunta actuacións para corrixir as deficiencias
O Parlamento reclama un plan integral para reparar o litoral deteriorado de Oleiros
A iniciativa pide actuar en paseos, varandas, escaleiras, pasarelas e miradoiros e reclama sinalizar ou pechar as zonas que poidan supoñer un risco
O Concello de Oleiros asegura que o TACGAL inadmite o recurso do PSOE sobre a limpeza viaria de Santa Cristina
O Goberno local sinala que o tribunal considera que non se concretou o suposto incumprimento na tramitación da modificación do contrato
As escolas infantís de Oleiros seguen sen todo o persoal máis dunha semana despois do inicio do curso
O Concello advirte de que a falta de profesionais mantén reducidos os horarios e reclama á Xunta que cubra de inmediato as prazas pendentes
As vivendas de protección oficial de Oleiros poderían pagarán a metade do IBI durante 13 anos
O Goberno municipal levará ao próximo pleno unha modificación fiscal para facilitar o acceso á vivenda protexida e dar máis marxe ás familias con dificultades económicas
O bus directo á Universidade segue sen chegar a Oleiros ao comezo dun novo curso
O Concello denuncia que máis de 800 persoas continúan sen unha conexión directa con Perillo, mentres a Xunta mantén a proposta en estudo desde abril
Case 30 actividades levarán a intelixencia artificial, a innovación e o emprendimento a doce espacios da provincia
O Rede Coworking Fest celebrarase do 14 ao 20 de setembro con propostas gratuitas en municipios como Miño, Oleiros, As Pontes, Moeche e A Capela
O PP denuncia o impacto paisaxístico dunha nova cadea de supermercados en Bastiagueiro
Unha enquisa realizada polos propios populares revela un amplo rexeitamento á nova construción e alertan tamén do posible aumento do tráfico na zona
As tardes de baile para maiores regresan a Oleiros con novas citas ata decembro
O programa 'De Baile en Baile' levará música, festa e espazos de convivencia a diferentes localidades do municipio durante os próximos meses
A pista de Meixonfrío renovará a cuberta, o pavimento e a iluminación cun investimento de case 389.000 euros
As obras, previstas para finais de ano, permitirán mellorar as condicións da instalación deportiva e ampliar o seu uso durante os meses de inverno
A nova senda que bordea a ría do Burgo xa conecta A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo
O itinerario peonil e ciclista, financiado con fondos Next Generation, completa unha conexión metropolitana que facilitará os desprazamentos a pé e en bicicleta
Móvete+ regresa a Oleiros con máis días de actividade física para mulleres que afrontan un proceso oncolóxico
O programa gratuíto desenvolverase os martes e venres entre o 15 de setembro e o 15 de decembro para favorecer o benestar físico e emocional das participantes
Oleiros abre a inscrición para unha nova edición do Obradoiro do Corpo dirixido a mulleres
A actividade, gratuíta, desenvolverase na Casa da Cultura de Perillo entre setembro e decembro con dous grupos de mañá
As obras do paseo da ría no Graxal e no Paraíso encaran a súa fase final
O tramo de novo paseo entre Oleiros e Cambre xa está rematado á espera dos últimos detalles e dos traballos de xardinería, mentres que a actuación no Paraíso finalizará en setembro
Teatro, pintura e olaría protagonizan os obradoiros culturais que regresan en outubro
A inscrición abrirá en setembro con propostas para todas as idades e prezos desde 13 euros ao mes
A renuncia do director elixido para o Multiúsos de Bastiagueiro aviva as dúbidas sobre o proceso selectivo
O PSOE de Oleiros considera que a marcha do único aspirante declarado apto confirma as súas críticas, mentres os catro candidatos excluídos reclaman acceso ao expediente e explicacións sobre as valoracións
610 deportistas poñerán a proba a súa resistencia en Oleiros cos Games Series Galicia
A pista de atletismo do INEF acollerá este domingo unha competición que combina catro quilómetros de carreira con nove estacións de exercicios
Eventos
A senda litoral entre Naval e Canide segue sen data para a súa contratación pola falta de varios informes
O Concello de Oleiros denuncia que leva máis de oito meses esperando por un informe da Xunta, mentres o Goberno galego sinala que tamén era necesario outro trámite de Costas do Estado
O Goberno de Oleiros estuda querelarse contra o PSOE polas súas críticas ao proceso do director do Multiúsos
O Concello acusa os socialistas de cuestionar sen fundamento a actuación dos funcionarios que participaron na selección e defende a legalidade do procedemento
O PSOE de Oleiros carga contra o proceso do Multiusos de Bastiagueiro: 'péchase con máis dúbidas que cando comezou'
Os socialistas cuestionan a transparencia do procedemento e poñen o foco na avaliación dos candidatos, no cambio de datas e na documentación facilitada para preparar a proba
Oleiros lembrará a figura do arquitecto José Caridad Mateo no Día da Galiza Mártir
O acto, organizado polo BNG de Oleiros e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar este domingo na Praza da Liberdade de Nós
Abre o prazo para solicitar as subvencións destinadas ás ANPA dos centros públicos e das escolas artísticas de Oleiros
As asociacións de nais e pais poderán presentar as súas solicitudes desde este xoves e ata o 15 de setembro
Oleiros reclama unha fronte comarcal para buscar unha solución ao caos circulatorio da Coruña
Ángel García Seoane propón reunir os concellos, empresas, sindicatos, Universidade e entidades veciñais para esixir investimentos e desbloquear as principais infraestruturas pendentes
140.000 euros para impulsar o deporte e apoiar os clubs de Oleiros
As entidades deportivas sen ánimo de lucro poderán solicitar as axudas municipais ata o próximo 24 de agosto








