A Casa do Pobo de Nós acollerá un baile para maiores o sábado 24 de outubro

ACoruñaXa
A parroquia será escenario dunha nova sesión de lecer e convivencia dentro dun programa que se celebra os sábados pola tarde
actividades-baile-maiores-recurso
Imaxe de arquivo ilustrativa
20 Oct 2026

A Casa do Pobo de Nós, no concello de Oleiros, acollerá o vindeiro sábado 24 de outubro unha nova xornada de baile dirixida a persoas maiores, no marco do programa 'De Baile en Baile'.

Esta iniciativa, que combina a actividade cultural coa convivencia social, consolidouse como unha cita habitual de lecer activo para este colectivo. As sesións desenvólvense os sábados pola tarde, rotando polas distintas casas do pobo do concello.

Nesta ocasión, o encontro terá lugar de 17.00 a 20.00 horas, e a música correrá a cargo do Dúo Acherizados, encargado de ameniza-la tarde coa súa actuación en directo.

0.14958906173706