Tres rutas gratuítas organizadas polo Concello de Oleiros permitirán descubrir a Costa de Dexo-Serantes

ACoruñaXa
As visitas guiadas celebraranse os días 15, 21 e 29 de novembro polo itinerario Seixo Branco-Furnas, con saída ás 10:00 horas
OLEIROS ruta
8 Nov 2026

A xeoloxía, a flora, a fauna e as paisaxes da Costa de Dexo-Serantes protagonizarán as rutas interpretativas gratuítas que se desenvolverán durante este mes de novembro no Monumento Natural.

As visitas comezarán o domingo 15 e estarán guiadas por Alba, bióloga e especialista en Interpretación e Patrimonio. A actividade permitirá coñecer mellor os valores naturais e culturais deste espazo protexido, así como contribuír á súa posta en valor.

Nesta edición realizarase exclusivamente o itinerario Seixo Branco-Furnas, cun percorrido de 2,5 quilómetros e dificultade baixa. A ruta terá unha duración aproximada de dúas horas e está recomendada para persoas maiores de 7 anos.

As saídas terán lugar os días 15, 21 e 29 de novembro, sempre en horario de mañá, ás 10:00 horas.

A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario dispoñible online.

0.15916013717651