Novas de Oleiros
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
Oleiros desprega máis de cen efectivos ante a chegada da eclipse e restrinxe o acceso a varios puntos
O Concello recomenda evitar o vehículo particular, limita o tráfico cara ás zonas de maior afluencia e prohibe o baño nas praias desde as 19:30 horas
A 55ª edición do Torneo Concello de Oleiros reunirá a 14 equipos masculinos e femininos durante o mes de agosto
A competición arrancará os días 12 e 13 de agosto e culminará coas finais do 29 de agosto no Campo Municipal Nano García de Iñás
O PSOE de Oleiros recorre a modificación do contrato da limpeza viaria e pide a súa anulación
Os socialistas denuncian un sobrecusto de máis de 81.000 euros e cuestionan tanto o procedemento seguido polo Goberno local como a legalidade do acordo
Oleiros ampliará o apoio ás familias con menores con TEA ante o aumento da demanda
O Concello dará continuidade ao programa 'Familias Inquedas', que ofrece orientación especializada, acompañamento emocional e grupos de apoio
A olería, a artesanía e a gastronomía volven ser protagonistas nunha nova edición de Alfaroleiros en Oleiros
A feira reúne 23 artesáns de España e Portugal e incorpora un mercado de artesanía, showcookings e música tradicional ata o domingo
Santa Cruz prepárase para recibir unha nova edición de Alfaroleiros con artesanía, música e actividades para toda a familia
A feira abrirá este martes en Oleiros coa participación de 23 oleiros de España e Portugal e unha programación que se prolongará ata o sábado
A Deputación da Coruña reparte preto dun millón de euros entre 52 concellos para impulsar a economía local
Feiras de emprego, campañas comerciais, festas gastronómicas e eventos turísticos recibirán 962.953 euros para fomentar a actividade económica nos municipios
Máis recursos para mellorar o apoio ás persoas coidadoras e á dependencia en Oleiros
O Concello investirá 116.259,35 euros durante catro anos nun programa con talleres, estimulación cognitiva e actividades na natureza
Varias familias reclaman os cartos entregados por unha promoción de vivendas que nunca obtivo licenza en Oleiros
O Concello ofrece apoio ás persoas afectadas pola suposta promoción de vivendas unifamiliares da Pezoca e facilitaralles a documentación urbanística necesaria
As Torres de Santa Cruz despedirán as Tardes do Alfar con música en directo e olería en vivo
SUPERFUZZ BIRD pechará este xoves o ciclo cultural de Oleiros nunha xornada que tamén contará cunha demostración do oleiro Alberto Añón
Un investimento de 1,7 millóns de euros transformará o Campo Municipal do Redondo con novas bancadas e vestiarios
O Concello de Oleiros executará despois do verán unha actuación para modernizar as instalacións que utilizan o Atlético Perillo e o Unión Campestre
Case 300.000 euros para modernizar o Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz
O Concello de Oleiros renova o pavimento e substitúe a cuberta da instalación deportiva para mellorar as condicións de uso de clubs, escolares e persoas usuarias
Perillo celebra na casa unha bandeira feminina e un segundo posto masculino na XI Bandeira Concello de Oleiros
O Club de Regatas Salgado-Perillo brillou na cita disputada en Santa Cristina, cun triunfo da súa traiñeira feminina e unha axustada segunda posición do equipo masculino
Oleiros instalará un Punto Violeta durante a celebración das festas de Santa Ana en Mera
O dispositivo funcionará na noite deste domingo para ofrecer atención, apoio e labores de sensibilización fronte ás violencias machistas, a LGTBIfobia e outras agresións
Oleiros acollerá unha nova xornada de música na rúa este sábado
O programa levará actuacións en directo a Santa Cristina e Santa Cruz co obxectivo de dinamizar o lecer estival e apoiar a actividade da hostalaría
A Subdelegación coordina os dispositivos especiais en Bergondo, Oleiros e Aranga para a eclipse total do 12 de agosto
As administracións preparan un operativo con reforzo de seguridade, mobilidade e protección civil ante a elevada afluencia de visitantes prevista nos principais puntos de observación
O Club de Regatas Perillo recibirá unha axuda de máis de 16.000 euros para organización das Bandeiras Concello de Oleiros de traiñeiras
A achega municipal permitirá ao Club de Regatas Perillo asumir os premios e os gastos vinculados ás probas da Liga Galega que se disputarán este sábado en Perillo
Unha nova novela de misterio ambientada en Betanzos preséntase en Oleiros
O autor bergondés Juan Fariña introduce o seu terceiro libro 'Agosto dezaseis' que afonda nas lendas do Globo e as minas subterráneas da Cidade dos Cabaleiros
A danza contemporánea toma Oleiros coa mostra aberta de 'Phantom' no Festival Rúa Ext-Cénica
O bailarín Darío Bardam presentará este domingo en Santa Cruz o traballo desenvolvido durante a súa residencia artística en A Fábrica
O Rincón de Cecilia estrea unha nova imaxe tras a súa renovación integral no parque José Martí
O Concello de Oleiros culmina a modernización desta emblemática zona de xogos dentro dun plan de mellora do parque que supera os 350.000 euros de investimento
O comedor do CEIP Parga Pondal continúa á espera dunhas obras comprometidas pola Xunta
O Concello de Oleiros denuncia que as obras comprometidas seguen sen comezar e advirte do deterioro das instalacións nas que come o alumnado
Oleiros solicitará ao Estado máis de 311.000 euros para reparar os danos causados polos temporais na praia de Naval
O Concello pedirá unha subvención para financiar as obras de estabilización do noiro e a restitución das infraestruturas afectadas en Santa Cruz
Oleiros mellora a accesibilidade en Icaria cun investimento de 150.000 euros para renovar as beirarrúas da rúa Zeus
O Concello adxudica os traballos na marxe impar deste transitado viario co obxectivo de eliminar as fochancas e garantir a seguridade das persoas que camiñan pola zona



