A rúa do Mar terá cortes de tráfico este venres por unha rodaxe en Dorneda

A rúa do Mar, en Dorneda, terá cortes de tráfico este venres 9 de outubro con motivo da rodaxe da serie Clanes. A restrición afectará á circulación desde as 17.00 horas ata as 5.00 da madrugada, segundo informou o Concello de Oleiros.
O corte será necesario para facilitar os traballos de filmación e garantir a seguridade tanto das persoas que participen na rodaxe como do persoal técnico que estará desprazado na zona.
O Concello recomenda ás persoas condutoras que eviten utilizar a rúa do Mar durante ese período e busquen itinerarios alternativos para reducir posibles esperas e molestias.
Por outra banda, o acceso das veciñas e veciños ás súas vivendas estará garantido durante todo o tempo que permaneza activo o dispositivo especial de tráfico.
A previsión é que a circulación poida recuperarse con normalidade unha vez finalicen os traballos previstos para a madrugada do sábado.